Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / As agrupacións de gaiteiros mobilízanse para garantir uns mínimos laborais no sector

MúSICA E OUTRAS GAITAS

As agrupacións de gaiteiros mobilízanse para garantir uns mínimos laborais no sector

FOLK | marzo 15, 2007

imaxe non dispoñible

Vilagarcía acollía onte unha xuntanza na que 23 colectivos de gaiteiros de todo o país tentaban acordar uns mínimos laborais para a profesión. Entre as reivindicacións do colectivo está o cobrar un mínimo de 250 euros por actuación, e unhas condicións mínimas de seguridade no desempeño do seu traballo son algunhas da reivindicación. Para alén deste encontro a Asociación de Gaiteiros xa anunciou a celebración en maio dunhas xornadas sobre xestión fiscal e laboral para o sector.

Máis información en La Voz de Galicia; en Vieiros e máis o colectivo nos nosos arquivos