Ti estás aquí > Inicio / DISCO / O rock literario de A Caricia da Serpe inicia a súa xira galega con tres concertos seguidos
O rock literario de A Caricia da Serpe inicia a súa xira galega con tres concertos seguidos
marzo 15, 2007
O grupo “A Caricia da Serpe” está estes días a presentar o seu traballo discográfico de nome homónimo editado polo selo coruñés Wonderland discos en varios concertos. Oleiros, Cambre e finalmente a Sala Yago de Santiago acollerán as postas en escena deste singular proxecto no que conflúen música e literatura. Aínda que A Caricia da Serpe comezou a súa andadura polo ano 1998 e leva dados cerca de 200 concertos, o seu primeiro disco editouse a finais do 2005. Os compoñentes desta peculiar formación son Lino Braxe, poeta, actor e director de teatro; Rómulo Sanjurjo, ex-compoñente de Os Diplomáticos e actual 50 por cento de Transportes Hernández & Sanjurjo; Miguel Ladrón de Guevara e Xosé Luis Saqués. No espectáculo do grupo está moi presente a poesía e a narración asó como os universos musicais da rumba, o rock ou o tango.