Ti estás aquí > Inicio / DISCO / O trío de Marcos M. Vázquez presenta en xira por Galicia o seu primeiro disco
O trío de Marcos M. Vázquez presenta en xira por Galicia o seu primeiro disco
marzo 28, 2007
O trío Animales Domésticos do que forma parte o percusionista ourensán Marcos Vázquez (Ribadavia, 1971) presenta estes días en xira por Galicia o seu novo disco “Manual del tiempo perdido” (FreeCode). Marcos Vázquez ten participado como percusionista con moitas formacións musicais do país, desde a Xove Orquestra de Galicia ata Carlos Núñez ou o grupo Cinnamon gum, así como con artistas internacionais como Sharon Shanon, Compay Segundo ou The Chieftains. Animales Domésticos é un proxecto que comparte co británico Barry Edwards e o arxentino Mariano Martos, músicos da ampla traxectoria no jazz. Na súa xira está a percorrer os principais locais de jazz da comunidade ata o 30 deste mes.
Tamén che pode interesar:
- 27/ 3/ 2023 | Boroa presenta un traballo de experimentación arredor da gaita
- 23/ 4/ 2019 | Xacobe Martínez Antelo presenta 'Capturas'
- 4/ 6/ 2018 | Tanxugueiras comeza a xira de presentación do seu primeiro disco
- 20/ 3/ 2018 | Primeiro disco de Pablo Sax Trío, 'Amorgana'
- 19/ 10/ 2016 | Talabarte presentan Fake un libro-disco de historias e músicas incertas