Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Obras de Verdi, Mozart e Donizetti sonarán no Festival de Ópera de Vigo
Obras de Verdi, Mozart e Donizetti sonarán no Festival de Ópera de Vigo
marzo 26, 2007
Este ano cúmprese o cuarto centenario do nacemento da ópera. Esta efeméride, xunto co interese de recuperar a tradición deste xénero en Vigo, foron determinantes para que Asociación de Amigos da Ópera presentara esta fin de semana o programa do “Festival de Ópera”. Un evento que programará música de Verdi, Mozart e Donizetti, e contará coa presenza da recoñecida soprano Violeta Urmana. Ademais das representacións haberá tamén un ciclo de conferencias que comezará o 29 de marzo no Centro Cultural Caixanova.
Máis información en La Voz de Galicia e no web do Diario Metropolitano
Tamén che pode interesar:
- 28/ 9/ 2023 | O Outono Lírico de Vigo recupera a presencialidade con nove citas
- 30/ 6/ 2017 | A Ópera da Coruña volve ao Teatro Colón
- 3/ 6/ 2014 | A Coruña presenta a súa nova Temporada Lírica
- 5/ 5/ 2014 | A Coruña fica sen Festival Mozart
- 30/ 9/ 2013 | Tres recitais protagonizan o Outono Lírico de Vigo