Ir ao contido directamente.


Noticias

Calixto Bieito abrirá a Temporada Lírica da Coruña con Carmen

Xénero: Clásica/Lírica | 4 / 6 / 2025

imaxe non dispoñible

A Asociación Amigos de la Ópera da Coruña presentou a súa 73ª Temporada Lírica que, como é habitual, comezará o vindeiro mes de setembro. A primeira gran cita do programa será a ópera Carmen, que se representará os días 5 e 7 de setembro no Pazo da Ópera baixo a dirección do prestixioso director de escena Calixto Bieito, que chega á cidade herculina tras triunfar en grandes teatros internacionais e para conmemorar os 150 anos da primeira posta en escena da popular obra do francés George Bizet. Entre setembro e decembro o programa ofrecerá unha vintena citas para os amantes do xénero lírico, entre recitais, galas e actividades formativas e divulgativas. A Temporada Lírica da Coruña conta para a súa organización co apoio económico da Xunta de Galicia a través dun convenio de colaboración coa Agadic dotado con 160.000 euros.

Carlos Ares confirma expectativas con 'La boca del lobo'

Xénero: Pop | 3 / 6 / 2025

carlosAres_bocadellobo.jpg

Acadar co seu primeiro disco gabanzas unánimes da crítica e un Premio MIN ao Mellor Álbum de Pop estatal por 'Peregrino' (BMG, 2024) situou ao artista coruñés Carlos Ares (A Coruña, 1997) nun foco de expectativas co que pode ser complicado seguir camiño. Pero o músico e produtor ven de sacar un segundo traballo co que demostra que o seu talento aínda ten moito por ofrecer e que non se deixa adormecer polos riscos que teña que correr. 'La boca del lobo' (BMG, 2025) xa está en plataformas e nun par de semanas Ares comezará a presentalo nunha longa lista de festivais por todo o Estado, a primeira cita en Galicia será no Portamérica. A potencia da gravación, producida por el mesmo, de trasladarse aos escenarios, augura unha recepción entusiasta tanto polos que xa eran seguidores como polos que se acheguen por vez primeira á súa música.

Dous novos cancioneiros súmanse ás publicacións polo Día das Letras

Xénero: Folk | 2 / 6 / 2025

imaxe non dispoñible

A listaxe de publicacións vencelladas ao Día das Letras dedicado ás cantareiras non deixa de medrar. Desta volta, son dúas escolmas de cantigas tradicionais as que ven a luz arredor desta data. Da man de Fabulatorio, está a chegar ás librarías Eu non canto por cantar. Este volume, artellado por Manuel Rico e Antón Santamarina, recolle as cantigas "que todo o mundo coñece, pero que poucos lembran cando un grupo se pon a cantar".

A Deputación de Lugo publica un podcast sobre oralidade e música tradicional

Xénero: Folk | 30 / 5 / 2025

imaxe non dispoñible

A conmemorar o Día das Letras Galegas dedicado ás cantareiras, a Vicepresidencia da Deputación de Lugo presentaba o pasado 18 de maio o primeiro episodio de Folcast. Xosé Gago e Branca Villares coordinan este podcast centrado na oralidade e na tradición musical que ten xa dispoñibles na rede o seu primeiro episodio.

Eladio y Los Seres Queridos danlle unha volta aos seus vinte anos de pequenos éxitos

Xénero: Pop | 30 / 5 / 2025

imaxe non dispoñible

Un novo son para unhas cancións que marcaron unha traxectoria de vinte anos sendo unha das bandas do pop galego máis persoais, iso é 'B.S.O. 2005 - 2025' (Esmerarte Industrias Creativas), o disco que ven de sacar a banda Eladio y Los Seres Queridos. Dezaseis temas escollidos da súa discografía destas pasadas dúas décadas composta por seis albumes, conforman o traballo que xa está nas plataformas dixitais. Temas que soaron moito pero aos que agora dáselles unha nova vida, tanto a través de arranxos e produción, como da propia gravación, ademais de contar para moitos deles con colaboracións de valor engadido que marcan diferenzas: Eva Amaral, Pucho de Vetusta Morla, Vega, Fillas de Cassandra, Depedro e Gala Santos, a filla de Eladio Santos. Un disco que máis alá de ser de coleccionista para os seguidores habituais da banda, dá nova vida e estes temas. O lanzamento chega acompañado dunha serie de vídeos oficiais de todas e cada unha das cancións, algúns que deles xa se foron presentado nas semanas pasadas.

Frescura e experiencia nos Premios Martín Códax

Xénero: Miscelánea | 30 / 5 / 2025

imaxe non dispoñible

Os Premios Martín Códax da Música de Galicia atoparon gañadores un ano máis entre o aplauso de todo o sector no Pazo da Cultura de Pontevedra. Esta 12ª edición dos galardóns convocados por Músicas ao Vivo repartiu os seus vinte recoñecementos, que chegaron a proxectos de moi diferentes estilos e cunha mestura de veteranos e novas fornadas, cun claro protagonismo da música en feminino. Perto de cinco mil persoas votaron nesta décimo segunda edición dos premios á que se presentaron 512 proxectos musicais. Na gala, presentada por Lupe Blanco e Xisco Feijóo, coa música ao vivo do grupo Ailá e que homenaxeou á oralidade e á música tradicional, acompañaron á directiva de Músicas ao Vivo representantes das entidades e institucións que apoian os Martín Códax da Música. O evento serviu un ano máis para apelar á unión da comunidade musical, reivindicar o talento galego e defender o acceso á cultura de toda a cidadanía, como fixo a directiva de Músicas ao Vivo no seu discurso.

Falece o músico Emilio Cao

Xénero: Folk | 26 / 5 / 2025

imaxe non dispoñible

Un novo golpe para a escena musical galega ven de chegar este luns co anuncio do falecemento de Emilio Cao (Santiago de Compostela, 1953). O artista, unha figura esencial para entender a música en Galicia desde a transición, falecía onte na súa cidade, Santiago de Compostela aos 72 anos de idade deixando tras de si unha traxectoria profesional impecable e pola que, xustamente fai un ano, recibía un galardón honorífico por parte da profesión musical do país nos Premios Martín Códax da Música Galega. Naquel momento o premio foi recollido na gala polo seu fillo. No ano 2008 viu tamén galardoada a súa traxectoria co Premio Opinión a unha Andaina Senlleira na primeira edición desta modalidade dos galardóns da música folk Premio Opinión. Os seus restos mortais están no tanatorio do Hospital Clínico Universitario de Santiago. Será incinerado o martes na intimidade familiar, segundo comunica o xornal La Voz de Galicia.

O ferrolán Nüca publica o seu primeiro LP 'Slow Missiles'

Xénero: Electrónica | 23 / 5 / 2025

imaxe non dispoñible

Ferror Records publica hoxe un novo traballo de longa duración que reforza a identificación deste selo coas vangardas electrónicas galegas actuais, trátase de 'Slow missiles' de Nüca, nome artístico do ferrolán Pablo Saénz Carballeira. O músico, con inquietudes próximas ao IDM, ambient, deep-house e á música experimental presenta este primeiro LP da súa traxectoria tras os EP’s 'Gnosis' (Prinzedom Records / Ataque!, 2020), 'Niké' (Ferror Records, 2020), 'WRB Split' (Ferror Records, 2021) con Legítimo Polvo, e 'Y Das4' (Prinzedom, 2021). Catro anos despois chega agora este disco no que o artista redeseñou o seu proxecto para dar forma a este traballo de sete temas contundentes que xa pode escoitarse nas plataformas dixitais. E o vindeiro xuño sairá en formato vinilo nunha tiraxe para coleccionistas

O Consello da Cultura celebra un encontro na Fonsagrada sobre o baile tradicional galego

Xénero: Folk | 23 / 5 / 2025

imaxe non dispoñible

Pasado o Día das Letras dedicado ás cantareiras, continúa a actividade arredor do patrimonio da música e do baile tradicionais. Este mesmo 23 de maio o Consello da Cultura Galega celebra na Fonsagrada o encontro Comunidades e o patrimonio cultural inmaterial. A música, o canto e o baile, centrada no proceso en marcha, por segunda vez, de declaración deste legado como Ben de Interese Cultural.

O panorama musical diversifícase

Xénero: Miscelánea | 22 / 5 / 2025

imaxe non dispoñible

Con cifras de participación en aumento, as candidaturas dos XII Premios Martín Códax da Música revelan un panorama sonoro galego no que medra a diversidade. Tradicional, jazz e blues, orquestras de verbena, electrónica e músicas urbanas debilitan o peso dos xéneros ata o momento maioritarios.

. 1 a 10 de 3519 . Seguinte \ Fin >>

BUSCADOR