Ir ao contido directamente.


Noticias

A Coruña acolle as vangardas do Festival RESIS

Xénero: Alternativa | 13 / 4 / 2023

imaxe non dispoñible

Hoxe dá comezo na Coruña a sexta edición do Festival RESIS de Música Contemporánea e Artes Vivas, que ata o vindeiro 6 de maio ofrece un programa que inclúe artista de vangarda, gastronomía e diversas expresións artísticas. O concerto inaugural celebrarase hoxe no restaurante Árbore da Veira, a cargo da formación Arxis Ensemble, que interpretará obras de Rebecca Saunders, Sara Glojanaric e Yoko Ono. O vindeiro sábado, 15 de abril, o festival ofrece a estrea mundial da peza "Libro delle Immagini V", do coruñés Hugo Gómez-Chao, compositor residente en la Real Academia de España en Roma. Nacho de Paz dirixirá a Arxis Ensemble para est concerto que tamén incluirá a interpretación de obras de Beat Furrer, Alberto Posadas e Claudia Cañamero.

Marcos Teira e Ton Risco conflúen flamenco e jazz en CIRCUM

Xénero: Fusión | 12 / 4 / 2023

imaxe non dispoñible

O dúo formado polo vibrafonista Ton Risco e o guitarrista Marcos Teira presenta este mes, CIRCUM, o primeiro disco común destes músicos de calidade contrastada e longa experiencia na que é unha das escasas apostas musicais galegas polo xénero flamenco. Estes dous músicos acaban de gravar o seu primeiro disco xuntos despois de anos entrecruzándose e coqueteando a ámbolos dous lados dos escenarios e as partituras. Este disco recolle o traballo que a formación veu desenvolvendo ao longo de mais de 10 anos nos cales afondaron na procura dun son e unha linguaxe , así como dun xeito de facer propios. Músicas propias e tamén de outros autores, arranxos orixinais, estilos diferentes e unha linguaxe común. Aínda que as influencias son tan variadas como as súas traxectorias, pode dicirse que as linguaxes do flamenco e do jazz son fundamentais no discurso en CIRCUM.

Baleira homenaxea a Florencio O Cego dos Vilares

Xénero: Folk | 12 / 4 / 2023

imaxe non dispoñible

A coincidir cos 109 anos do seu nacemento, este 12 de abril Baleira lembra a Florencio López Fernández O Cego dos Vilares. Unha placa sobre a súa tumba no cemiterio da aldea da Fontaneira lembrará a quen "foi transmisor oral da nosa cultura e lingua, nos escenarios naturais das feiras e romaxes. Xograr popular de memoria imperecedeira".

O Ciclo Metropolitano "Elas son artistas" presenta a súa sexta edición

Xénero: Miscelánea | 11 / 4 / 2023

imaxe non dispoñible

A sexta edición do interdisciplinar Ciclo Metropolitano pola Igualdade na Música e nas Artes, "Elas son artistas" dará o seu comezo este vindeiro sábado 15 de abril no Centro Cultural A Fábrica en Oleiros coa violinista, cantante e compositora, María de la Flor. Esta actuación, xunto coas primeiras confirmacións, presentáronse esta mañá en rolda de prensa no Teatro Colón coa benvida por parte de Diana Sobral, Concelleira de Comercio, Mercados e Barrios da Coruña, representantes dos Concellos de Arteixo, Betanzos, Carral e Culleredo, responsables das empresas patrocinadoras (Gadis) e colaboradoras (Coca-Cola e Alma Atlántica) e artistas que formarán parte da programación deste ano. O día 21 no Centro Cívico Cultural do Concello de Arteixo será a quenda da segunda actuación con Eva McBel que presentará o seu primeiro elepé, "I'm glad you happened". Estas dúas primeiras actuacións suporán o inicio dunha nova edición que este ano volverá abarcar espazos públicos e privados de oito dos concellos da área metropolitana da Coruña con citas nas que destacan a participación de bandas e artistas galegas, outras cuxos nomes empezan a resoar en todo o panorama nacional e xiras de grandes bandas internacionais.

O VI Ciclo Clube achega 60 actuacións

Xénero: Miscelánea | 5 / 4 / 2023

imaxe non dispoñible

Un recital conxunto de Nastasia Zürcher e Belém Tajes en Laxe abre este 5 de abril a sexta xeira do Ciclo Clube. Esta iniciativa que organiza a asociación de salas Clubtura co apoio de Estrella Galicia achegará sesenta actuacións a máis de vinte salas das catro provincias galegas.

Un certame para mergullarse na lírica galega e poñerlle música

Xénero: Miscelánea | 4 / 4 / 2023

imaxe non dispoñible

Co gallo da celebración do Día das Letras Galegas (17 de maio), que este ano homenaxean a Francisco Fernández del Riego, e co obxectivo e de incentivar o uso da lingua galega na música creada e interpretada no municipio, o Concello de Pontevedra convoca un novo certame musical aberto baixo o nome de "Música nas Letras 2023". Para participar nel, as bandas ou artistas deberán musicar, con composicións orixinais, un poema ou mestura libre de versos da autoría de calquera das figuras homenaxeadas nas Letras Galegas desde o inicio desta celebración no ano 1963 até este 2023. As bases permiten a presentación de composicións musicais de calquera xénero ou estilo e para entrar resulta preciso que, canda menos unha persoa poida acreditar ser de Pontevedra.

De lugares e Órganos volta a Compostela pola Semana Santa

Xénero: Clásica/Lírica | 28 / 3 / 2023

imaxe non dispoñible

O ciclo de concertos De Lugares e Órganos retorna a pór en valor o patrimonio organístico da capital galega. A oitava edición deste evento desenvólvese entre o 31 de marzo e o 8 de abril baixo a dirección artística de Belén Bermejo, e achegará catro concertos e diferentes actividades paralelas a distintos espazos da cidade.

Boroa presenta un traballo de experimentación arredor da gaita

Xénero: Folk | 27 / 3 / 2023

portada-boroa.jpg

Boroa é un grupo de Ribeira (A Coruña) conformado por Sabela Olivares (gaita, piano, pandeireta e voz), Suso Bello (guitarra) e Alberto Millán (baixo) que veñen de presentar o seu primeiro traballo longo autoeditado "O´Clásico Fol". O disco de 9 cortes amosa un proxecto que xira ao redor da funcionalidade e a versatilidade da gaita, ademais da súa adaptación ás novas tecnoloxías do século XXI. Boroa crea un mundo sonoro coa gaita como protagonista alén de fronteiras para achegarnos harmonías de diferentes xéneros musicais pasados polo filtro acústico: folk tradicional galego, swing, jazz manouche, ragtime… etc. Composicións propias de Olivares e Bello conforman o disco, presentado este mesmo mes.

Ruxe Ruxe ilumina a escuridade no seu novo disco

Xénero: Rock | 17 / 3 / 2023

RuxeRuxe_noitefaisca.jpg

Hoxe ve a luz o novo traballo discográfico de Ruxe Ruxe, "Unha noite no interior dunha faísca" (Lobicán Records, 2023), que xa se pode escoitar nas principais plataformas dixitais. A banda de rock compostelá acada con este disco o número 17 de traballos publicados nos seus máis de 25 anos de traxectoria, desde "Ruxe-Ruxe" (1999) e despois "Non temos medo" (Clave Records, 2000) en clave Bravú, asegurando neste caso un xiro de guión e outras sorpresas nas que amosan que seguen sen ter medo a propios ou estraños. "Unha noite no interior dunha faísca" preséntase coma un álbum cargado de luminosidade, sen perder un ápice da súa loita como bandeira, e cunha aposta pola evolución nos seus sons e na súa voz. Tres anos separan o disco do anterior "O estraño falar dun monstro da aldea" (Lobicán records, 2020). A banda presentará en concerto este novo traballo o sábado 25 de marzo volvendo á Sala Capitol, lugar moi presente na súa traxectoria destes 25 anos.

Igloo volven con "Planes para días grises"

Xénero: Pop | 16 / 3 / 2023

Igloo_planes para dias grises.jpg

Case seis anos separan o novo disco longo de Igloo, "Planes para días grises" (Ernie Records), do anterior, "Aquellos maravillosos daños" (Ernie Records, 2017). Este estreado traballo, que fai o sétimo nos 18 años de percorrido da banda de Caldas de Reis é o froito, como moitos, da etapa do confinamento forzado e xa foi avanzado desde entón con tres cancións adiantadas (Aniversario, Los amantes mariposa, La distancia entre dos puntos). Tres anos de preparación tivo a saída deste álbum cos seus once novos temas traballados ata o detalle e que consolidan un estilo característico da banda presente en todos os pasos da súa evolución disco a disco desde aquel inicial álbum homónimo Igloo ( Junk records, 2005) no que a banda apostaba por un son máis alternativo, ruidoso e escuro que foron pulindo cara a un estilo máis luminoso e achegado ao pop, sen perder a profundidade as referencias intelixentes e o intimismo reflexivo das letras de Beni Ferreiro, unha constante da banda. O disco gravouse en Metropol Studios (Madrid) por Isaac Rico contando na produción con Juanma Latorre (compositor de Vetusta Morla).

<< Inicio / Anterior . 281 a 290 de 3538 . Seguinte \ Fin >>

BUSCADOR