Ir ao contido directamente.


Noticias

Dous concertos de cámara traen membros da New York Filharmonic a Galicia

Xénero: Clásica/Lírica | 11 / 8 / 2010

imaxe non dispoñible

A sede da Fundación Caixa Galicia na Coruña e mais o Salón Teatro en Compostela acollen hoxe e o venres as primeiras actuación de membros da New York Filharmonic en Galicia. Cinco dos compoñentes desta prestixiosa formación interpretarán pezas de Mozart, Haydn e Brahms en dous concertos de cámara que fan parte da programación do ciclo Xacobeo Classics. O recital da coruña comezará hoxe ás 20:30, e o compostelán poderá seguirse a partir das 21 horas.

A fin da estrada

Xénero: Rock | 11 / 8 / 2010

imaxe non dispoñible

Foron case cen concertos por toda Europa, o dobre dos previstos inicialmente nunha xira que se prolongou desde marzo. Con moitos máis quilómetros ás costas, os membros de Kathaarsys chegaba á casa a pasada semana. Logo duns días de descanso, cóntannos como foi un periplo que xa nos foron adiantando no noso blog Desde a estrada escura.

Ourense celebra as súas XXVII Xornadas de Folclore

Xénero: Folk | 10 / 8 / 2010

imaxe non dispoñible

Arredor de 450 artistas de diferentes países percorrerán a provincia de Ourense no marco das XXVIII Xornadas de Foclore. O evento, que visitará 18 localidades ata o vindeiro 19 de agosto, conta coa presenza de grupos tradicionais de Senegal, Brasil, México, Serbia, Daguestán ou Polonia, entre outros lugares. O día 16 a Cidade das Burgas acollerá unha actuación con todos os grupos participantes.

Os veteráns festivais de Pardiñas e Zas suman novas edicións

Xénero: Folk | 6 / 8 / 2010

imaxe non dispoñible

O Festival de Pardiñas chega esta fin de semana á súa edición número trinta e un. Canteca de Macao, Bellón Maceiras Quinteto ou Xosé Manuel Budiño son algunhas da actuacións que se poderán seguir sábado e domingo nesa localidade. Ademais, mantense a mostra de instrumentos tradicionais, que vai pola edición dezasete. Pola súa banda, a Festa da Carballeira de Zas chega á edición vinte e sete, cun cartel no que destacan, entre outros, Kepa Junquera, Gwendal ou Quempallou.

Nova Fronteira & Cartelle faise co Campionato de Bandas de Gaitas

Xénero: Folk | 2 / 8 / 2010

imaxe non dispoñible

O Monte do Gozo acollía onte a final do campionato da Liga Galega de Bandas de Gaitas. O encontro, que reuniu preto de 2.500 gaiteiros repartidos en 51 bandas, rematou coa victoria do grupo Nova Fronteira & Cartelle. Seguíronas as formacións Entienza e La Reina del Truébano. O xurado valorou o traballo na percusión, a gaita, a afinación, o conxunto e a estética de cada banda.

Proyecto Kournikova faise co premio Mans Futuro Pop&Rock 2010

Xénero: Pop | 28 / 7 / 2010

imaxe non dispoñible

O premio Mans Futuro Pop&Rock 2010, ten xa gañadores. Os coruñeses Proyecto Kournikova gravarán no estudios Mans ao longo do mes de agosto un disco do que se editarán 500 exemplares. O certema, co que a Fundación Paideia eos estudios Mans, en colaboraciçonn coa Fnac e a plataforma Xpressionk!! queren apoiar os novos grupos do país, contou coa participación de 11 bandas.

Ábrese o prazo para o certame Xuventude Crea 2010

Xénero: Miscelánea | 20 / 7 / 2010

imaxe non dispoñible

O Diario Oficial de Galicia publicaba o pasado día 15 a convocatoria do Certame Xuventude Crea 2010. O concurso establece primeiros premios de 3.000 euros, segundos de 1.500 e terceiros de 1.000 nas categorías de teatro, artes plásticas, moda, música, relato breve, poesía, videocreación, banda deseñada, graffiti, carteis, deseño de xoias e monólogos. En banda deseñada poden presentarse historias dun mínimo de dez páxinas a cor ou a branco e negro e con textos en galego. O prazo remata o vindeiro 31 de agosto.

O III Espazos Sonoros achegará concertos a 21 espazos monumentais do país

Xénero: Miscelánea | 19 / 7 / 2010

imaxe non dispoñible

Corenta e cinco concertos distribuídos en 21 espazos monumentais do noso país. Esta é a proposta que achegará ao público galego o ciclo Espazos Sonoros entre os vindeiros 3 de setembro e 31 de outubro. O Conselleiro de Cultura, Roberto Varela, presentaba esta mañá en Compostela o programa. Baixo o lema Unha homenaxe aos nosos públicos poderán escoitarse actuacións de música de cámara, vocal e antiga, canda a unha importante presenza das composicións para órgano entre outros estilos. Xograresca, Ars Atlántica, Oni Wytars, Oh! trío, Alicia Permuy ou Begoña Salgueiro, entre moitos outros artistas, participarán nesta iniciativa.

Dezaoito proxectos discográficos galegos contarán co apoio de AGADIC

Xénero: Miscelánea | 15 / 7 / 2010

imaxe non dispoñible

A Axencia Galega de Industrias Culturais (AGADIC) fixo públicos hoxe os beneficiarios das axudas para a promoción e produción de proxectos discográficos. Discos como os de Xacobe Martínez Antelo, Elodio y los Seres Queridos, Tonhito de Poi, Emilio Rúa ou Lamatumbá, así como as propostas en novos formatos de Sosoaudio ou as iniciativas Manuel Maria (obra musicada) e Desolasons, presentados pola produtora Berrogüeto, son algúns dos 18 proxectos que repartirán 93.000 euros. Canda a estas axudas, a Axencia publicou tamén as súas axudas aos estudios de gravación, 50.000 euros que foron para Casa de Tolos, Zouma, Maré, Sons Galicia e Xacobe Martínez Antelo.

O Festival Intercéltico do Morrazo chega á XXVI edición

Xénero: Folk | 14 / 7 / 2010

imaxe non dispoñible

Malia á redución do seu orzamento á metade, o Festival Intercéltico do Morrazo celebra a final deste mes a súa XXVI Edición. O paseo marítimo de Moaña acolle os días 30 e 31 a partir das dez e media da noite as actuacións dos galegos Anxo Lorenzo e Ophiusa, os cántabros Garma e os estadounidenses Solas. O web do evento achega información detallada sobre o programa.

<< Inicio / Anterior . 2631 a 2640 de 3580 . Seguinte \ Fin >>

BUSCADOR