Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / / Dezaoito proxectos discográficos galegos contarán co apoio de AGADIC

A AXENCIA DE INDUSTRIAS CULTURAIS DESTINOU 93.000 A ESTE FIN

Dezaoito proxectos discográficos galegos contarán co apoio de AGADIC

MISCELáNEA | xullo 15, 2010

imaxe non dispoñible

A Axencia Galega de Industrias Culturais (AGADIC) fixo públicos hoxe os beneficiarios das axudas para a promoción e produción de proxectos discográficos. Discos como os de Xacobe Martínez Antelo, Elodio y los Seres Queridos, Tonhito de Poi, Emilio Rúa ou Lamatumbá, así como as propostas en novos formatos de Sosoaudio ou as iniciativas Manuel Maria (obra musicada) e Desolasons, presentados pola produtora Berrogüeto, son algúns dos 18 proxectos que repartirán 93.000 euros. Canda a estas axudas, a Axencia publicou tamén as súas axudas aos estudios de gravación, 50.000 euros que foron para Casa de Tolos, Zouma, Maré, Sons Galicia e Xacobe Martínez Antelo.

Once xiras internacionais e diferentes accións de promoción recibiron un total de 46.902 euros, mentres a Asociación Galega de Empresas Musicais (AGEM) e a Asociación Galega de Salas de Música ao Vivo repartiron 27.355 euros de axuda ao asociacionismo no sector.