Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / / O III Espazos Sonoros achegará concertos a 21 espazos monumentais do país

O CICLO MUSICAL DESENVOLVERASE ENTRE O 3 DE SETEMBRO AO 31 DE OUTUBRO

O III Espazos Sonoros achegará concertos a 21 espazos monumentais do país

MISCELáNEA | xullo 19, 2010

imaxe non dispoñible

Corenta e cinco concertos distribuídos en 21 espazos monumentais do noso país. Esta é a proposta que achegará ao público galego o ciclo Espazos Sonoros entre os vindeiros 3 de setembro e 31 de outubro. O Conselleiro de Cultura, Roberto Varela, presentaba esta mañá en Compostela o programa. Baixo o lema Unha homenaxe aos nosos públicos poderán escoitarse actuacións de música de cámara, vocal e antiga, canda a unha importante presenza das composicións para órgano entre outros estilos. Xograresca, Ars Atlántica, Oni Wytars, Oh! trío, Alicia Permuy ou Begoña Salgueiro, entre moitos outros artistas, participarán nesta iniciativa.

DOCUMENTO