Ir ao contido directamente.


Noticias

A Sinfónica de Galicia ponlle música ao entroido cun concerto especial

Xénero: Clásica/Lírica | 12 / 2 / 2013

imaxe non dispoñible

“O Entroido ben vale unha risa". Deste xeito anuncia a Sinfónica de Galicia o seu concerto especial de Entroido (14 de febreiro, 20:30 horas). Unha programación que inclúe obras de Dvorák, Camille Saint_Saen, entre outros, para buscar a banda sonora desa do entroido acompañada da narración do humorista Luís Piedrahita.

Unha estrea protagoniza a sexta edición do Pórtico do Paraíso

Xénero: Antiga | 11 / 2 / 2013

imaxe non dispoñible

Son xa seis anos nos que a música antiga, barroca e medieval son habituais na programación ourensá. O Festival Pórtico do Paraíso repite unha vez máis na programación cun programa dobre: dunha banda concertos e da outra actividades paralelas relacionados cos concertos. A edición deste ano ábrese cunha exposición sobre os instrumentos do Pórtico do Paraíso. Un día máis tarde, o grupo vocal e instrumental The Harp Consort ofrece un dos pratos fortes:a estrea dunha obra inédita do barroco español. Despois virán o arpista Andrew Lawrence-King (17 de febreiro), as frautas e percusión de Eloqventia, que ofrecerá un dobre concerto (18 e 19 de febreiro), as voces e percusión do Trío Medieval e o concerto de Laura Alonso. Os músicos de Eloqventia e a soprano galega Laura Alonso desenvolverán varios encontros. A programación contará tamén cunha conferencia, que se achega a vida e obra dedo Mestre Vide.

Milesios presenta 'Alén Mar'

Xénero: Folk | 11 / 2 / 2013

not_22206.jpg

O grupo folk Milesios editou o seu primeiro disco, Alén mar. O disco recolle pezas de raíz tradicional combinadas con outras creadas directamente polo grupo. Dúas delas incluirán por primeira vez voz: unha versión musical dun poema de Darío Xohán Cabana interpretada por Pilocha Martínez e unha peza tradicional de Carolina Vázquez Castro. A presentación oficial do disco terá lugar en Lugo o próximo día 22 de febreiro ás 20:00 no auditorio de Novacaixagalicia na Praza de Santa María.

O Gaiás acollerá un novo ciclo de actividades infantís

Xénero: Miscelánea | 6 / 2 / 2013

imaxe non dispoñible

A Consellaría de Cultura presentaba esta mañá Brinca Gaiás o novo programa infantil da Cidade da Cultura. O ciclo desenvolverase un día ao mes ata o vindeiro abril. A ópera do espectáculo I’l Cirque D’Amore abre a actividade o vindeiro 17 de febreiro, con dúas sesións. O 10 de marzo será a quenda de Flamenco Kids, e ciclo rematará o vindeiro 28 de abril co Concerto para bebés de Paulo Lameiro. A entradas están para o espectáculo está á venda en Servinova.

Un CD para dar a coñecer o Live for Madness

Xénero: Rock | 4 / 2 / 2013

imaxe non dispoñible

Tal como están as cousas, que o festival Live for Madness chegue á súa terceira edición xa é unha boa nova. Pero ademais, esta cita para os amantes do rock máis duro chega reforzada, cun novo web e un cartel con 5 grupos. Inordem, 13 Left to Die, N.O.T., Barbarian Prophecies e Above the Seas achegarán sons desde o trash ao hardcore, pasando polo heavy e o death metal á sala ourensá Berlín.

Pablo Barreiro gaña o Premio Opinión Andaina Senlleira

Xénero: Folk | 1 / 2 / 2013

imaxe non dispoñible

A VI Edición do Premio Opinión Andaina Senlleira foi para un técnico de son. A carreira de Pablo Barreiro neste campo, e a súa contribución á gravación de multitude de músicos do noso país valeulle este recoñecemento, outorgado anualmente polo xornal La Opinión. O xurado desta xeira estivo formado por Xoán Manuel Estévez, Xosé Manuel Budiño e Sonia Lebedynski.

Carlos Núñez inicia unha xira de seis concertos polo Reino Unido

Xénero: Folk | 28 / 1 / 2013

imaxe non dispoñible

Comeza an Chipping Norton (29 de xaneiro) e remata en Basingtoke(6 de febreiro). Polo medio, Londres, Manchester ou Birmingham. O gaiteiro Carlos Núñez e o músico Philip Pickett, xunto co conxunto Musicians of the Globe ofrecerán o espectáculo Two Pipers Piping. Un proxecto no que unen folk e música antiga, unha concesión a unha fusión de sons que tiveron moito éxito no Londres do século XVII.

Nace a Federación Galega de Festivais

Xénero: Miscelánea | 28 / 1 / 2013

imaxe non dispoñible

Un encontro en Compostela esta fin de semana serviu para dar comezo á Federación Galega de Festivais. Unha quincena de asociacións sen ánimo de lucro que organizan habitualmente eventos deste tipo déronse cita, segundo recolle GZMúsica.com para buscar xeitos de colaboración que faciliten o seu traballo. Ás entidades xa participantes está previsto que se sumen novas propostas de cara á Asemblea na que se procederá á constitución formal da entidade, e que se agarda celebrar cara a marzo.

Desconcierto cultural chama a colaborar na celebración do Record Store Day

Xénero: Miscelánea | 25 / 1 / 2013

imaxe non dispoñible

A asociación Desconcierto Cultural chama a celebra o Record Store Day en Galicia, e para isto quere editar un vinilo con 5 temas inéditos de bandas galegas. A iniciativa chama á participación do público para reunir fondos, mediante crowdfunding cos que costear a edición do disco, que se gravará en Litium Records, Pontevedra. Os grupos participantes, polo de agora secretos, darán ademais concertos nas tendas que participan no proxecto.

Regresa á oferta compostelá o Festival Músicas Contemplativas

Xénero: Antiga | 24 / 1 / 2013

imaxe non dispoñible

Tratábase dun programa que organizaba concertos musicais de formacións chegadas de diferentes países en espazos singulares para destacar o valor patrimonial da cidade. O Festival Músicas Contemplativas cancelouse en 2012 por motivos económicos pero este ano volve á oferta cultural compostelá de Semana Santa. Grazas a unha achega de 100.000 euros procedente do Ministerio de Educación e Cultura recuperarase esta edición, que fará a número 7, e que se celebrará entre o 21 e o 31 de marzo.

<< Inicio / Anterior . 2141 a 2150 de 3582 . Seguinte \ Fin >>

BUSCADOR