Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Nace a Federación Galega de Festivais

REúNE QUINCE ASOCIACIóNS SEN áNIMO DE LUCRO QUE ORGANIZAN EVENTOS MUSICAIS DESTE TIPO

Nace a Federación Galega de Festivais

MISCELáNEA | xaneiro 28, 2013

imaxe non dispoñible

Un encontro en Compostela esta fin de semana serviu para dar comezo á Federación Galega de Festivais. Unha quincena de asociacións sen ánimo de lucro que organizan habitualmente eventos deste tipo déronse cita, segundo recolle GZMúsica.com para buscar xeitos de colaboración que faciliten o seu traballo. Ás entidades xa participantes está previsto que se sumen novas propostas de cara á Asemblea na que se procederá á constitución formal da entidade, e que se agarda celebrar cara a marzo.

Entre outras, participan no novo proxecto os responsables do Castañazo de Chantada, o Revenidas de Vilaxoán, A Festa da Poesía do Condado, a Festa Folc de Vilariño, o Rebumbio de Mos, o A Chorar a Cangas, Castelo Rock de Muros ou o Berra Val Miñor.