Ir ao contido directamente.


Noticias

As músicas que nacen (II): Santiago de Compostela

Xénero: Miscelánea | 15 / 7 / 2013

imaxe non dispoñible

Afirmaba Tito Lesende que nalgunhas cidades galegas existe unha actividade musical frenética, case por enriba das posibilidades reais de demanda do lugar. Isto pode aplicarse a Santiago, onde un se atopa concertos tódolos días en locais que apostan por alternativas musicais moi diferentes. En palabras de Fran Villasenín, programador da sala santiaguesa máis importante, a Capitol: “Santiago parece Nova York moitos días, podes atopar mariachis tocando no Fraggel Rock, jazz na Borriquita, doce irlandeses nas Crechas, o circuíto de cantautores no Sónar ou no Momo e ás bandas máis novas na Radio”.

O Festigal volta con recortes

Xénero: Miscelánea | 12 / 7 / 2013

imaxe non dispoñible

A ausencia de grupos foráneos e a desaparición dos concertos nocturnos do 25 de xullo marcan a edición 2013 do Festigal. O encontro volta unha vez máis ao Campus Sur de Compostela os vindeiros 24 e 25 de xullo mantendo unha intensa actividade paralela con feira de produtos culturais, presentacións, artesanía e actividades para os máis novos. A nivel musical, A Quenlla, Nao e Festicultores Troupe compoñen o cartel para a noite do 24. Ao longo da tarde do 25 poderán verse actuacións de Grampoder, García Mc ou Os da Ría íntimos, entre outras propostas, aínda que por vez primeira non habará concertos nesa noite.

O segundo abandono dos órganos

Xénero: Clásica/Lírica | 11 / 7 / 2013

imaxe non dispoñible

En 2009 a Consellaría de Cultura presentaba un ambicioso proxecto para catalogar a totalidade dos órganos existentes en Galicia. Este patrimonio, de grande importancia, era por entón un total descoñecido no noso país. Hoxe, completado o traballo de documentación en tres das cinco dioceses do noso país, o proxecto continúa sen apoio público ningún, como unha aposta voluntaria dos seus promotores.

Nico Casal recibe un premio pola música dun vídeo promocional sobre o MAC

Xénero: BSO | 10 / 7 / 2013

imaxe non dispoñible

Son uns premios modestos que naceron co obxectivo de promover aos creadores novos. Toman o seu nome do coñecido e popular compositor de bandas sonoras, Jerry Goldsmisth, autor de bandas sonoras como O planeta dos Simios, Chinatown, Alien ou La profecía entre moitos outros. Con compositores chegados de todo o mundo, este ano hai no palmarés deste certame un compostelán, o pianista e compositor Nico Casal que recibe o premio na categoría de Vídeo Promocional. A música composta para dar a coñecer o Museo de Arte Contemporánea Unión Fenosa, o MAC (antes coñecido como Macuf) deulle este galardón. Os premios concedéronse nunha gala celebrada en Córdoba a semana pasada.

O VI Espazos Sonoros achegará dez actuacións

Xénero: Miscelánea | 9 / 7 / 2013

imaxe non dispoñible

Un total de dez actuacións de música antiga e contemporánea, ademais de obradoiros, visitas guiadas e un faladoiro con Emilio Cao, compoñen o programa da VI Edición de Espazos Sonoros. O Centro Galego de Arte Contemporánea acollía esta mañá en Santiago a presentación do encontro, que se desenvolverá en diferentes espazos monumentais de todo o país entre o 8 de setembro e o 27 de outubro vindeiros. A nivel musical, o programa contará coa presenza de formacións internacionais como Il Combattimento, Gothic Voices ou The Delightufl Companion. Canda a eles, Marcos Teira, DandyLady, Caxade ou Música Acordada amosarán os seus traballos en contornos monumentais.

Milladoiro e Treixadura protagonizan o Festival Intercéltico do Morrazo

Xénero: Folk | 9 / 7 / 2013

imaxe non dispoñible

Os vindeiros 26 e 27 de xullo, a Alameda de Moaña acollerá a XXIX edición do Festival Intercéltico do Morrazo. Outra Vaca no Millo, do Hío e mais os veteráns Milladoiro protagonizarán a primeira xornada do evento, mentres Os Pelouros e Treixadura serán os responsables de fechar o evento. Para alén dos concertos, o Concello programou unha feira de artesanía e presentou unha imaxe renovada para o evento, que conta cun orzamento de 28.000 euros.

As músicas que nacen (I): A Coruña e Ferrol

Xénero: Miscelánea | 8 / 7 / 2013

imaxe non dispoñible

Galicia pode ser considerada como unha “cidade única” a nivel musical, como diría o crítico Nonito Pereira: hai formacións procedentes de todos os lugares imaxinables aínda que logo, por temas loxísticos, acaben xuntándose nas cidades máis grandes. Esta serie de sete reportaxes tentará debuxar o panorama musical emerxente en cada unha das cidades galegas. Cada luns presentaranse os grupos máis representativos do que se está a facer na Coruña, Vigo, Pontevedra, O Grove, Lugo, Santiago ou Ourense, que os une e que os diferencia.

O Noroeste Pop Rock recupera o directo para escoller aos grupos participantes

Xénero: Pop | 4 / 7 / 2013

imaxe non dispoñible

Aínda que a cabeza de cartel do Noroeste Pop Rock, o festival que se celebra na praia de Riazor (A Coruña), será o grupo británico Suede. No evento tamén participarán artistas como Kiko Veneno ou Los Enemigos, pero a novidade deste ano será no apartado do concurso musical, ao que están convidados grupos de pop e rock galegos. Tras unha fase de preselección, os grupos preseleccionados deberán actuar o 15 e 16 de xullo na Sala Túnel do Coliseum ante o público (entrada de balde con convite). O xurado valorará en gran medida o directo dos grupos. O Noroeste Pop Rock celebrarase os días 9 e 10 de agosto.

Anuncio de treboadas

Xénero: Folk | 3 / 7 / 2013

imaxe non dispoñible

Con fondos europeos e co apoio do Concello do Tomiño a asociación Gaiteiros da Xistra leva xa uns anos a traballar para coñecer e difundir as treboadas. Esta forma musical, distribuída nas dúas bandas do Miño e orixinaria cando menos da Idade Media, conta agora cun libro-DVD e cunha consideración renovada mercé a esta iniciativa.

O Festival de Ópera estreará Tristán e Isolda

Xénero: Clásica/Lírica | 28 / 6 / 2013

imaxe non dispoñible

Dúas óperas, Tristán e Isolda e Lucia di Lammermoor, conforman as grandes propostas da LXI edición do Festival de Ópera de Coruña. Suporá a estrea en Galicia da popular ópera que RIchard Wagner creou en 1859. O festival, decano dos certames operísticos españoles, ofrecerá unha homenaxe a Verdi no seu bicentenario e recupera o ciclo As novas voces galegas. Ademais, no marco da programación deste ano, o seu director artístico, Cesar Wonenburger quixo destacar a aposta polos intérpretes galegos, como Borja Quiza o Javier Franco, canda outros nomes vencellados a Galicia, como Celso Albelo o María José Moreno.

<< Inicio / Anterior . 2031 a 2040 de 3582 . Seguinte \ Fin >>

BUSCADOR