Noticias
Música e palabra fúndense na primeira temporada de Paul Daniel na Real Filharmonía
Xénero: | 28 / 6 / 2013
É a primeira temporada completa para Paul Daniel como director artístico e titular e onte presentou a súa programación que chega con aires de renovación. En primeiro lugar porque a programación na que a música comparte protagonismo coa palabra. A figura do narrador estará presente e obras como, segundo unha nota de prensa, “o Egmont, de Beethoven, As sete últimas palabras de Cristo na Cruz, de Haydn, ou no tradicional Concerto de Reis, un monográfico Satie”. Pero Daniel tamén busca abrir a formación tanto a novos sons, cun repertorio anegado de compositores pouco representadas, e a novos públicos. Para esto último crea CONversamos, unha iniciativa na que directores e artistas comparten co público experiencias e información unha hora antes do inicio de cada concerto.
O barroco e a música antiga repiten en Santiago da man do Vía Stellae
Xénero: | 26 / 6 / 2013
A traxectoria do Vía Stellae está chea de cambios e de mudanzas que pasaron por diferentes orzamentos e distintos organizadores. Este encontro, que chegou a supor unha programación de 1.5 millóns de euros, foi organizado polo Xacobeo en colaboración con outras entidades, é asumido agora na súa totalidade polo concello de Santiago. Con todo, o encontro mantense fiel no que atende ás liñas de programación, co barroco e Santiago de Compostela como eixe central. Nesta ocasión, serán dúas semanas de concertos (de balde e de pagamento) que arrincan o vindeiro 5 de xullo.
Martín Códax repite o proxecto que programa concertos na súa adega
Xénero: | 26 / 6 / 2013
A boa acollida que fixo o programa “Os xoves de Códax” estas coñecidas adegas volven repetir o seu programa cultural. Unha iniciativa que programa oito concertos de artistas galegos para redescubrir os viños da súa adega. Nesta ocasión, Sés, Mercedes Peón, Xacobe Martínez Antelo, Manuel Gutiérrez, Uxía ou Luís Martíns son algúns dos músicos que integran esta iniciativa que cumpre a súa segunda edición. Os concertos serán todos os xoves de xullo e agosto ás 20:30 horas na terraza das adegas Martín Códax.
Así soará Galicia en Lorient
Xénero: | 25 / 6 / 2013
O Festival Intercéltico de Lorient é o principal causante de que Galicia sexa máis coñecida na Bretaña que no resto de Francia. Este ano, coincidindo coa elección de Asturias como país convidado, producirase o maior desembarco galego. Oito solistas e grupos de música tradicional que achegarán unha visión do folk e música tradicional galega para o mundo. Escoita no interior da noticia como soará Galicia en Lorient.
O Festival de Jazz de Pontevedra, o Imaxina Sons e o Resurrection Fest fechan carteis
Xénero: | 21 / 6 / 2013
Last Minute Experience, Shemekia Copeland, Eugene Hideaway Bridges ou Vijay Iyer Trio son algúns dos nomes que compoñen o cartel o novo Festival de Jazz de Pontevedra. A XXI edición deste evento celebrarase entre os vindieros 15 e 22 de xullo na Cidade do Lérez e contará ademais co Alberto Vilas Quinteto e con Paco Charlín Flood. Tamén haberá jazz no ImaxinaSons de Vigo, que daba a coñecer hoxe finalmente un programa no que predomina a fusión de estulos. Entre o 28 de xuño e o 6 de xullo, a Cidade Olívica contará con actuacións tan destacadas como a de Mostly Other People Do the Killing ou o acordeonistas francés Richard Galliano. Canda a eles, haberá concertos de Tigran, Baldo Martínez Cuarteto, Hyperpotamus ou Tora Tora Big Band entre outros.
Luz Casal recibe o premio SESAC Latina Icon pola súa carreira
Xénero: | 20 / 6 / 2013
A sociedade de dereitos de compositores latinos, SESAC, concedeu esta noite os seus premios anuais. Este ano os premios incluían dúas novidades: dunha banda, a creación dunha categoría YouTube Performance Award para premiar a importancia de YouTube como unha ferramenta de promoción e o premio Icono (SESAC Latina Icon Award) para destacar no impacto mundial da cultural musical. Este último foi o que recibiu a cantante galega Luz Casal a quen lle recoñecen ter gravado en español en francés, compartir escenario con Sting, U2, coa banda de Paul McCartney ou facer parte da banda sonora Tacóns lonxanos de Pedro Almodóvar, entre outros méritos.
¿Un país de músicos?
Xénero: | 20 / 6 / 2013
Moito se ten falado de que Galicia é un país de músicos. A cantidade e calidade dos grupos musicais, así como o alto número de bandas e de agrupacións afeccionadas que se dedican a esta arte semellan indicar que lle temos un amor especial. Agora, o Observatorio da Cultura do Consello da Cultura Galega, a explotar datos do Ministerio de Cultura, revela algúns indicadores que amosan ata que punto esta idea é certa.
O Bipolar Fest reúne 40 grupos na Coruña
Xénero: | 19 / 6 / 2013
Como anticipo das celebracións de San Xoán, o Concello da Coruña acaba de presentar o Bipolar Fest. Este evento, organizado por Jacobo Paz e Dos Mundos, reunirá no parque de Santa Margarida 40 grupos de diferentes estilos e procedentes na súa maioría da Coruña os días 21 e 22 deste mes. A iniciativa inclúe marioritariamente conxunto de Paz & Records, con actuacións como as de 11007, Kabo Norte Squad, Forni, Yul, Ámbito Kinioth ou Arte en Tinta, entre outros.
Un músico ourensán finalista nos Hollywood Music Awards
Xénero: | 19 / 6 / 2013
Son os galardóns que recoñecen e premian a música de todos os medios audiovisuais. E este ano no listado dos Hollywood Music In Media Awards (HMMA) hai un galego. Trátase do ourensán Daniel Minimalia que é finalista coa canción “Al decir adiós” como mellor canción clásica. Os premios saberanse o vindeiro 21 denovembro no popular “La Fonda Theater” de Hollywood.
Aphonnic cumpre dez anos de discos con Heroes,
Xénero: | 19 / 6 / 2013
Catro anos depois do seus 6 bajo par a banda viguesa Aphonnic volta co seu novo traballo. Heroes é o título do cuarto álbum do grupo, que mantén o seu son de guitarras intensas no que se integran melodías e letras coidadas nas que a actualidade máis inmediata atopa o seu oco. Os once temas graváronse nos estudios Poison Apple de Lisboa, con produción de Dani Obenza, e mesturounos Paul Leavitt mos Valencia Recording Studios de Estados Unidos. O grupo optou pola fórmula do crowdfunding para financiar o lanzamento, superando amplamente os 6.000 euros que solicitaba de apoio.


