Ti estás aquí > Inicio / / Martín Códax repite o proxecto que programa concertos na súa adega
Martín Códax repite o proxecto que programa concertos na súa adega
xuño 26, 2013
A boa acollida que fixo o programa “Os xoves de Códax” estas coñecidas adegas volven repetir o seu programa cultural. Unha iniciativa que programa oito concertos de artistas galegos para redescubrir os viños da súa adega. Nesta ocasión, Sés, Mercedes Peón, Xacobe Martínez Antelo, Manuel Gutiérrez, Uxía ou Luís Martíns son algúns dos músicos que integran esta iniciativa que cumpre a súa segunda edición. Os concertos serán todos os xoves de xullo e agosto ás 20:30 horas na terraza das adegas Martín Códax.
O calendario de concertos éo seguinte:
4 de xullo: Sés&Tito Calviño
11 de xullo: Mercedes Peón
18 de xullo: Teté Delgado
1 de agosto: Di elas
8 de agosto: Primordiais
15 de agosto: Diego Pachego&Hugo Chamizo
22 de agosto: Sumrrá
29 de agosto: Uxía&Joao Afonso