Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Os vindeiros Premios Martín Códax da Música contarán cun festival

SANTIAGO DE COMPOSTELA ACOLLERá O EVENTO ENTRE OS VINDEIROS 15 E 17 DE OUTUBRO

Os vindeiros Premios Martín Códax da Música contarán cun festival

MISCELáNEA | agosto 21, 2015

imaxe non dispoñible

A Axencia Galega das Industrias Culturais asinaba o convenio coa Asociación de Músicos ao Vivo polo que concreta a colaboración para botar a andar un novo festival. Entre os vindeiros 15 e 17 de outubro, Compostela acollerá a primeira xeira do Festival Premios Martín Códax da Música. Este evento, que fai parte do programa das terceira edición dos Premios da Música Galega, achegará actuacións de grupos e solistas premiados nas anteriores convocatorias deste evento. Ademais dos concervos, no programa incluiranse encontros profesionais, coloquios e diferentes accións promocionais. A Asociación de Músicos ao Vivo adiantou que en vindeiras datas dará a coñecer as bases da nova edición dos premios, para a que adiantan novidades.