Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Milladoiro e Treixadura protagonizan o Festival Intercéltico do Morrazo
Milladoiro e Treixadura protagonizan o Festival Intercéltico do Morrazo
xullo 9, 2013
Os vindeiros 26 e 27 de xullo, a Alameda de Moaña acollerá a XXIX edición do Festival Intercéltico do Morrazo. Outra Vaca no Millo, do Hío e mais os veteráns Milladoiro protagonizarán a primeira xornada do evento, mentres Os Pelouros e Treixadura serán os responsables de fechar o evento. Para alén dos concertos, o Concello programou unha feira de artesanía e presentou unha imaxe renovada para o evento, que conta cun orzamento de 28.000 euros.