Ir ao contido directamente.


Noticias

Fina en Vigo o músico Álex Lago

Xénero: Rock | 19 / 8 / 2013

imaxe non dispoñible

Onte finaba en Vigo o baixista Álex Lago despois dunha longa enfermidade. O músico formaba parte do grupo vigués The blows, formación que en xaneiro deste ano decidiu deter este proxecto para iniciar outro, La guerra del fuego. Lago levaba loitando contra o cancro desde 2010 e en decembro de 2011 protagonizou un concerto no que pariciparon Iván Ferreiro, Silvia Superstar ou Eladio y los Seres Queridos, entre outros grupos, para recabar fondos co fin de sufragar un tratamento personalizado contra a enfermidade.

As músicas que nacen (VII): Lugo

Xénero: Miscelánea | 19 / 8 / 2013

imaxe non dispoñible

Lugo pode denominarse como unha zona cun gran espallamento á hora de situar ás súas formacións musicais, posto que se atopan mostras dende o norte ao sur da provincia. Pero o seu aporte á música non queda aí, xa que é unha provincia ben festivaleira. Conta nas súas terras ca cita galega máis importante de hard core e heavy metal, o Resurrection Fest, e por outro lado co FIV de Vilalba, que reúne na comarca da Terra Cha ó máis indie do panorama galego e estatal, tendo como característica ser un dos primeiros festivais do ano, cando febreiro aínda non marchou.

As músicas que nacen (VI): Ourense

Xénero: Miscelánea | 12 / 8 / 2013

imaxe non dispoñible

Unha cidade na que unha das prazas do seu casco vello leva por nome Los Suaves tiña que ter presenza nesta serie de reportaxes. Aínda que hoxe non existe ningunha formación que se poida comparar a esta mítica banda de rock, existe unha actividade musical sostida na cidade, malia ser inferior á do litoral galego. Boa proba disto é a aparición, o pasado mes de abril, dun colectivo que actúa á vez de promotora de concertos e discográfica: Discos Porno.

Bicos, abrasos e apalpasos é o debut de Ludovaina

Xénero: Folk | 9 / 8 / 2013

ludovaina_bicos_abrasos_apalpasos_capa.jpg

Logo de dez anos de actuacións e ensaios, o grupo de Cangas Ludovaina acaba de presentar o seu primeiro disco. Bicos, abrasos e apalpasos presenta trece temas de composición propia pero que interpretados polo cuarteto ao xeito máis tradicional. Segundo sinala a banda "queremos chamar a atención de ouvintes doutros estilos musicales e dar un aire novo á música tradicional galega". Os seus animados temas poden escoitarse este verán nos diferentes festivais polos que están a xirar.

A catedral de Tui acolle a nova edición de Música no Claustro

Xénero: Miscelánea | 7 / 8 / 2013

imaxe non dispoñible

AcadaCanto, Germán Díaz, Samuel Diz, Aíd ou Silvia Penas son algúns dos nomes que participan, desde hoxe na nova edición de Música no Claustro. A catedral de Tui acolle un ano máis este ciclo que combina música e patrimonio a reivindicar o único claustro gótico que se conserva en Galicia. O programa atende tamén aos músicos locais co ciclo JL Música eademais dos concertos inclúe obradoiros, conferencias ou visitar guiadas ao conxunto catedralicio entre outras iniciativas. As actividades prolongaranse ata o vindeiro día 11.

Vinte e catro grupos enchen de música Compostela no Feitoaman

Xénero: Miscelánea | 6 / 8 / 2013

imaxe non dispoñible

A música volta encher as rúas e espazos singulares de Compostela na XI edición do Festival Feitoaman. En total son 24 os grupos que, ata o vindeiro 27 de agosto, interpretarán as súas pezas en rúas, terrazas e prazas da cidade. Sumrrá, Malandrómena, A magnifique bande dos homes sen medo, Banda Crebinsky ou Bakin' Blues Band son só algúns dos nomes que fan parte deste proxecto, que coordina a Asociación Cultural Cidade Vella.

Liska! debuta con Sonhos de raiva

Xénero: Rock | 6 / 8 / 2013

liska_sonhos_de_raiva.jpg

Nado aínda en 2011, o grupo Liska! lanza o seu primeiro CD. Sonhos de raiva achega dez temas de denuncia social a ritmo de ská, reggae e punk, entre eles unha cantiga de 1972. Os once membros que participan na banda garanten un son potente e cheo de matices, cunha potente base de metais. O volume, autoeditado gravouse en Muu! Estúdios e e foi producido polos estudios e mais por Liska! produçons.

Unha nutrida delegación galega participa no Festival de Lorient

Xénero: Folk | 5 / 8 / 2013

imaxe non dispoñible

Anxo Lorenzo, Edelmiro Fernández, Pablo Seoane Méndez, Taghaitai, Linho do Cuco, Asociación Cultural Traspés e a Banda de Gaitas de Forcarei marcan o desembarco galego do Festival Intercéltico de Lorient. Canda a eles, Tremuiños, Trécolas, Tromentelos ou Os D`abaixo actuarán no posto de 200 metros cadrados que leva a Xunta ao evento a través de Turismo de Galicia. Ismael García e Xesús Rodríguez participarán no Trofeo MacCrimmon pola súa banda, mentre Rodrigo Romaní caeu da delegación galega por mor dun accidente doméstico. O evento, que comezou o pasado venres día 2, desenvólvese na cidade bretoa ata o vindeiro 11 de agosto.

O Festival Sinsal voltará o 31 de agosto e o 1 de setembro

Xénero: Miscelánea | 5 / 8 / 2013

imaxe non dispoñible

Logo de suspender a súa última edición en solidariedade coas vítimas do accidente ferroviario de Angrois, o Festival Sinsal anuncia novas datas para este ano. A Illa de San Simón acollerá a novena xeira do evento os días 31 de agosto e 1 de setembro, cun cartel que será segredo, como ven sendo habitual, e que se repetirá durante as dúas xornadas. A organización fixo público o cartel da edición que non se celebrou e que incluía nomes como Fluzo, Triángulo de Amor Bizarro ou Caxade, e aínda que sinala que non poden recuperar toda a listaxe para esta edición, agardan poder contar con algúns destes artistas para vindeiros anos.

As músicas que nacen (V): Vigo

Xénero: Miscelánea | 5 / 8 / 2013

imaxe non dispoñible

Vigo sempre foi praza musical eterna e inmortal. Clásicos como “Bailaré sobre tu tumba” de Siniestro Total saíron da cidade do sur de Galicia e hoxe en día moitas formacións continúan a tradición de crear música mesturada con diversión e ruidismo, unha das características do noroeste da península. Definida como o “centro neurálxico musical galego por excelencia”, esta cidade conta cunha gran oferta musical medida en número de bandas, locais de ensaio, festivais e algunhas das salas de referencia a nivel estatal como La Fábrica de Chocolate, La Iguana Club ou Sala Mondo.

<< Inicio / Anterior . 2011 a 2020 de 3582 . Seguinte \ Fin >>

BUSCADOR