O Festival Sinsal voltará o 31 de agosto e o 1 de setembro
agosto 5, 2013
Logo de suspender a súa última edición en solidariedade coas vítimas do accidente ferroviario de Angrois, o Festival Sinsal anuncia novas datas para este ano. A Illa de San Simón acollerá a novena xeira do evento os días 31 de agosto e 1 de setembro, cun cartel que será segredo, como ven sendo habitual, e que se repetirá durante as dúas xornadas. A organización fixo público o cartel da edición que non se celebrou e que incluía nomes como Fluzo, Triángulo de Amor Bizarro ou Caxade, e aínda que sinala que non poden recuperar toda a listaxe para esta edición, agardan poder contar con algúns destes artistas para vindeiros anos.
Tamén che pode interesar:
- 22/ 4/ 2014 | O Festival Sinsal medra
- 13/ 6/ 2013 | Sinsal volve convocar o seu festival sen anunciar o programa
- 4/ 4/ 2012 | O Festival Sinsal chega á súa décima edición
- 13/ 2/ 2008 | Ritmos brasileños enchen o concerto de inverno do Festival Sinsal
- 18/ 9/ 2007 | A innovación musical centra as últimas citas do festival Sinsal 2007