Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Ritmos brasileños enchen o concerto de inverno do Festival Sinsal
Ritmos brasileños enchen o concerto de inverno do Festival Sinsal
febreiro 13, 2008
Unha mestura de samba, rock de garaxe e bolero, todo modulado con adobíos electrónicos e retallos de bossa nova. Así é como definen no sitio web do Festival Sinsal o concerto de “Kassin+2”, o que compón a “Estación de Inverno” deste festival vigués. Un certame que se complementa coa “Extensión Salón Teatro” que se desenvolve no teatro santiagués ata o mes de marzo.