Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / A catedral de Tui acolle a nova edición de Música no Claustro

O CICLO DESENVóLVESE DESDE HOXE ATA O VINDEIRO DíA 11

A catedral de Tui acolle a nova edición de Música no Claustro

MISCELáNEA | agosto 7, 2013

imaxe non dispoñible

AcadaCanto, Germán Díaz, Samuel Diz, Aíd ou Silvia Penas son algúns dos nomes que participan, desde hoxe na nova edición de Música no Claustro. A catedral de Tui acolle un ano máis este ciclo que combina música e patrimonio a reivindicar o único claustro gótico que se conserva en Galicia. O programa atende tamén aos músicos locais co ciclo JL Música eademais dos concertos inclúe obradoiros, conferencias ou visitar guiadas ao conxunto catedralicio entre outras iniciativas. As actividades prolongaranse ata o vindeiro día 11.