Ir ao contido directamente.


Noticias

O Festival Sinsal completa a súa programación de outono

Xénero: Miscelánea | 10 / 10 / 2013

imaxe non dispoñible

Anna Calvi, Youth Lagoon + Absolutely Free, Steve Gunn, Sam Amidon er Amatorski son os grupos que participan na edición de outono do Festival Sinsal. Steve Gunn abrirá o vindeiro 15 de outubro na Escola de Artes e Oficios de Vigo a undécima edición do evento, a quen seguirá na mesma cidade Sam Amidon o 9 de novembro, Amatorski o 19 e Anna Calvi o 14 de decembro. En Compostela, pola súa banda, poderán verse a Youth Lagoon + Absolutely Free na Sala Capitol o 10 de novembro e a Amatorski o día 30 no Centro Galego de Arte Contemporánea.

A cantar os Cantares (II)

Xénero: Miscelánea | 10 / 10 / 2013

imaxe non dispoñible

A seguir unha longa tradición de adaptacións musicais de Rosalía de Castro, tamén ámbitos como a música clásica ou o folk fan parte do aluvión de novidades discográficas sobre Rosalía que estamos a ver a coincidir cos 150 anos de Cantares Gallegos. Antigas composicións recuperadas súmanse a propostas contemporáneas e amosan o carácter contemporáneo dos textos desta autora. Fechamos a nosa serie de dúas reportaxes sobre os discos que están saír este ano.

Voces Femininas recunca en Ourense, Vigo e Madrid

Xénero: Miscelánea | 9 / 10 / 2013

imaxe non dispoñible

Logo da experiencia do pasado ano, o ciclo Voces Femeninas recunca na súa proposta dunha sede triple. Ourense, Vigo e Madrid acollerán os concertos da edición 2013 deste programa, que conta coa sueca Anna Terheim e as estadounidenses Torres e Lady Lamb The Beekeeper como protagonistas. O Teatro Lara de Madrid o 19 de novembro, o principal de Ourense o día 21 e o García Barbón de Vigo acollerán cadanseu recital triplo destas intérpretes.

A cantar os Cantares (I)

Xénero: Miscelánea | 9 / 10 / 2013

imaxe non dispoñible

O 150 aniversario de Cantares Gallegos está a deixar un ronsel inédito de novidades discográficas. Músicos de diversos estilos réndenlle homenaxe a Rosalía de Castro a reinterpretar os seus versos. Desde cancións para nenos ata o rock, as referencias multiplícanse e amosan o orixinalidade dos músicos do país. Repasamos estes lanzamentos nunha serie de dúas reportaxes.

Pan de millo de Migallas

Xénero: Infantil | 8 / 10 / 2013

pan_de_millo_migallas.jpg

Catorce cancións, entre versións de temas tradicionais e composicións propias, co pan de millo e o seu proceso de elaboración como eixe. Esta é a proposta que fai o grupo Migallas no seu segundo traballo, titulado, como non, Pan de millo. O libro-CD editado por Kalandraka aborda a partir deste tema cuestións como a colaboración, a paz ou o exceso de actividades extraescolares. Gravado no estudio Casa de Tolos, o proxecto conta con colaboracións como as de Pancho Álvarez, César Longa, Begoña Riobó ou Segundo Grandío.

Tiruleque di Mu!!

Xénero: Folk | 7 / 10 / 2013

mu_tiruleque_2.jpg

Pezas da música popular para bailar, que incorporan metais ou baixo e non rexeitan toques de swing ou de ritmos cubanos. Mu!!,o segundo traballo de Tiruleque afianza a liña de folk festeiro que o grupo apuntaba no seu primeiro disco. En total son once temas gravados nos estudios Bonham da Coruña os que interpretan os sete membros da formación, que sofreu mudanzas desde o seu primeiro traballo. O grupo presentou o álbum o pasado 27 de setembro no Club Do Mar San Amaro da Cidade Herculina.

Alberto Conde reinterpreta a Villa-Lobos no seu novo álbum

Xénero: Jazz/Blues | 3 / 10 / 2013

alberto_conde_villa_lobos.jpg

Jazz con canto lírico e percusión indo-magrebí, a partir de partituras dun compositor clásico que rescataba sons populares do Brasil. Esta é a proposta que fai Alberto Conde Atlantic Trio en Villa-Lobos: A New Way, un álbum no que conta coas colaboracións de Nirankhar Khalsa, Kin García, Miguel Cabana e a cantante Carmen Durán. O disco incorpora letras orixinais a varios dos temas de Villa-Lobos e inclúe outros compostos polo propio Conde inspirándose neste traballo. Logo de se presentar oficialmente o pasado día 1 en Compostela, o disco presentarase no MARCO de Vigo o 3 de outubro e iniciará unha xira que o levará ao centro Ágora da Coruña (17 de outubro) e ao Auditorio de Vigo (19 de outubro).

Tres recitais protagonizan o Outono Lírico de Vigo

Xénero: Clásica/Lírica | 30 / 9 / 2013

imaxe non dispoñible

A Asociación de Amigos da Ópera de Vigo presentaba a pasada semana o programa do seu Outono Lírico 2012+1. El amor brujo de Manuel de Falla, Il Trovatore de Verdi e mais a zarzuela La del Manojo de Rosas centran un cartel que se completa con conferencias e mais con recitais de piano no Conservatorio de Música, nos que se interpretarán paráfrases de Listz sobre pezas de Wagner e Verdi. O apoio de 15.000 euros do Concello permitiu suprir a retirada da Deputación de Pontevedra das colaboracións do evento. O orzamento conta camén cunha subvención doutros 15.000 euros da man da Axencia Galega das Industrias Culturais.

As despedidas de David Quinzán

Xénero: Indie | 27 / 9 / 2013

David_Quinzan_ El vino de las despedidas.jpg

El vino de las despedidas é o título do primeiro disco de David Quinzán. O baixista coruñés debuta con nove temas de carácter íntimo e aires indies gravados e producidos por Xoel López, quen tamén achega voces e toca no volume. Quinzán xa amosara o seu traballo nos EPs Cetáceos e El Aullador e lanza agora un álbum que está tamén dispoñible na rede. A xira de presentación comezará o vindeiro 3 de novembro no Picnic Bar de Madrid e continuará por Vigo o día 29 do mesmo mes en La Casa de Arriba, chegará ao Ultramarinos de Compostela o 5 de decembro e desembarcará na Coruña o 10 de xaneiro na Mardi Gras.

Ouvirmos recupera a primeira gravación dunha banda de música galega

Xénero: Clásica/Lírica | 25 / 9 / 2013

banda_batallon_merida_ourense.jpg

Concerto na Alameda. 1929 é o título do disco que acaba de publicar Ouvirmos e que recupera as que, segundo asegura a discográfica, son as primeiras gravacións dunha banda de música en Galicia. En total son dez pezas que inclúen pasodobres, muiñeiras ou jotas, así como as pezas Leria... Leria de Brage e a muiñeira Flor de Cardo de Ricardo Courtier. As cancións foron interpretadas por 25 músicos dirixidos polo mestre Félix Molina, e saíron editadas pola casa Regal. O volume está dispoñible exclusivamente en formato dixital no marco da colección A tiracolo.

<< Inicio / Anterior . 1981 a 1990 de 3582 . Seguinte \ Fin >>

BUSCADOR