Noticias
O Taller Atlántico Contemporáneo propón concertos didácticos en liña
Xénero: | 24 / 9 / 2013
Cinco concertos de carácter didáctico retransmitidos en streaming desde o Teatro Principal de Santiago, a razón dun por mes. Esta é a proposta que fai o Taller Atlántico Contemporáneo coa súa iniciativa TAC 3.0, que se desenvolverá entre xaneiro e maio de 2014 e que fará un percorrido pola historia da música. Así, desde A Historia do Soldado de Strawinsky a Bob Dylan ou Elvis, pasando por Schönberg ou Strauss, abordaranse diferentes estilos. A iniciativa contará coa colaboración de Quico Cadaval, que escenificará, A ópera de catro notas de Tom Johnson, Carlos Blanco ou Julián Hernández.
Trampoline: o indie-folk vigués
Xénero: | 24 / 9 / 2013
Os vigueses Trampoline acaban de presentar o seu primeiro traballo, Motivations. David Tizón, Marcos Rivera e Iago Fernández achegan catorce temas nos que se apropian do son indie-folk de bandas americanas contemporáneas a incorporar instrumentos com o baixo e cunha decidida base acústica. Gravado da man de Bruno Murmura e autoeditado, o disco está dispoñible en SoundCloud e en formato físico. A banda está actualmente a realizar a xira de presentación do traballo, que xa pasou polo Iguana Club de Vigo e mais pola compostelá Casa das Crechas.
Músicos galegos participan nun concerto a distancia
Xénero: | 20 / 9 / 2013
Artistas a tocar en simultáneo e a distancia sobre unha mesma partitura en diferentes localizacións de toda Europa. Esta é a proposta de Dislocated Concert, que se celebra ás 19:30 desta tarde e que conta con participacións de numerosos intérpretes galegos. Museos como o MARCO, o CGAC, o MAC e espazos como o Conservatorio Profesional de Cangas, Conservatorio Superior de Música de Vigo, AuditorioMunicipal de Cangas, o CGAI ou a Biblioteca Ánxel Casal fan parte desta experiencia pioneira. As distintas interpretacións integraranse e restransmitiranse vía Internet desde o Museo MARCO cun atraso de 15 segundos sobre a execución para evitar posibles problemas na transmisión.
A Real Filharmonía presenta a súa temporada de abono
Xénero: | 18 / 9 / 2013
A Real Filharmonía de Galicia daba a coñecer onte a súa primeira temporada completa con Paul Daniel como director titular. Coa unión entre música e palabra como un dos eixes da programación, haberá recitais dedicados ao Egmont, de Beethoven, As sete últimas palabras de Cristo na Cruz, de Haydn, e un monográfico de Satie que se ofertará no Concerto de Reis. Entre os convidados da temporada destacan nomes como Christoph König, Günter Herbig, Clemens Schuldt, Oliver Díaz, Pablo Mielgo, Hakan Hardenbergerou Fabio Biondi entre outros. Tamén se anuncian concertos de pequeno formato para un público familiar e unha serie de encontros dos intérpretes co público, así como a gravación dun novo álbum da formación.
Iván Ferreiro continúa a súa carreira co quinto álbum em solitario
Xénero: | 17 / 9 / 2013
Doce novos temas (catorce na edición especial) compoñen o cuarto álbum de estudio de Iván Ferreiro e quinto da súa carreira en solitario. O ex-líder de Los Piratas pon á venda o vindeiro 24 de setembro Val Miñor-Madrid: historia y cronología del mundo e adianta xa dous temas por Internet. El dormilón e Como conocí a vuestra madre son os primeiros singles deste traballo que sae con versións en CD e vinilo e que inclúe unha colaboración con Julieta Venegas. O álbum foi gravado nos estudios Blind Records de Barcelona e amosa o retorno do músico á temática intimista.
Os que levaron Beethoven á aldea
Xénero: | 16 / 9 / 2013
As bandas populares, compostas por afeccionados, foron durante moito tempo a base de canta festa e verbena se fixo no país. Ademais, tiveron unha influencia fundamental na configuración do repertorio e mesmo nos instrumentos da nosa tradición. Un estudo de Federico Vázquez sobre estas formacións no Concello de Guntín amosa a importancia destes grupos.
Dezasete festivais reparten 360.000 euros de axudas de AGADIC
Xénero: | 12 / 9 / 2013
A Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC) acaba de facer pública a resolución das súas axudas para festivais escénicos e musicais. A liña cobre eventos que se realizan desde o comezo de 2013 ata o vindeiro 31 de outubro, de xeito que son moitas as actividades que coñecen agora a contía do apoio da Axencia. En total foron 360.000 euros os que se distribúen entre os dous tipos de festivais, sendo nove de artes escénicas e oito de teatro os beneficiados.
Narf canta a Rosalía
Xénero: | 12 / 9 / 2013
Doce poemas de Rosalía convertidos en cancións da man de Fran Pérez Narf. El Patito editorial edita o libro disco Nas tardes escuras, un libro-disco no que o artista mantén o seu selo persoal no musical dialogando cos versos da poeta de Padrón. O proxecto, que viu a luz a coindicir coa Feira do Libro da Coruña, presentarase en concerto na actuación de Narf no Festival da Luz, o vindeiro
Música para descubrir o patrimonio
Xénero: | 10 / 9 / 2013
O pasado domingo o grupo Il Combattimento abría na igrexa de San Salvador de Camanzo, Vila de Cruces, a VI edición do Ciclo Espazos Sonoros. O proxecto encara unha nova edición con grandes reducións no seu orzamento mais tentando manter, malia ás transformacións vividas nestes anos, o seu espírito de divulgación musical e patrimonial.
125 anos de notas no rural
Xénero: | 9 / 9 / 2013
Unha traxectoria con máis dun século de historia converte a Banda de Música Municipal de Silleda nunha das máis lonxevas de Galicia, con 125 anos de música no rural galego. A gravación dun disco, a edición dun libro e unha exposición de fotografías históricas son algúns dos eventos que organiza a asociación bandística e que culminarán cun conmemorativo concerto de Nadal que non deixará indiferente a ninguén.


