Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Dezasete festivais reparten 360.000 euros de axudas de AGADIC

A CONVOCATORIA COBRE EVENTOS REALIZADOS ANTES DE NOVEMBRO DE 2013

Dezasete festivais reparten 360.000 euros de axudas de AGADIC

MISCELáNEA | setembro 12, 2013

imaxe non dispoñible

A Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC) acaba de facer pública a resolución das súas axudas para festivais escénicos e musicais. A liña cobre eventos que se realizan desde o comezo de 2013 ata o vindeiro 31 de outubro, de xeito que son moitas as actividades que coñecen agora a contía do apoio da Axencia. En total foron 360.000 euros os que se distribúen entre os dous tipos de festivais, sendo nove de artes escénicas e oito de teatro os beneficiados.

Por contías, o Festival Outono de Teatro de Carballo e mais a Mostra de Ribadavia foron as citas escénicas máis favorecidas na convocatoria, con máis de 44.000 euros cada unha. A estes séguenlle a Mostra Internacional de Teatro de Cangas (28.308 euros) e o Galicreques con 20.400. Nos eventos musicais o Resurrection Fest encabeza as axudas con 29.512 seguido polo Reperkusión, que obtivo 28.159.

DOCUMENTO