Ir ao contido directamente.


Noticias

NAO envía Cartas no caderno

Xénero: Rock | 10 / 4 / 2014

nao_cartasnocaderno.jpg

Logo de rematar a xira de Cancións de amor de liberdade NAO presenta un traballo especial. Cartas no caderno é un EP que o grupo pon en libre descarga no seu web no que se poden escoitar temas propios canda a versións de temas como Os vampiros de José Afonso ou Je veux de Zaz, sempre co ton social das súas letras e co apoio de colaboradores como Mini da Quenlla en Acción galega. Logo dun descanso de varios meses, o grupo presentará o traballo nun único concerto o 26 de abril na compostelá sala Capitol que pretenden sexa unha festa para os seus seguidores. No recital a banda estará contará con Vicky Polard como acompañantes.

A fusión co flamenco protagoniza o XVIII Festival de Primavera

Xénero: Jazz/Blues | 10 / 4 / 2014

imaxe non dispoñible

O jazz volta a Ourense na XVIII edición do Festival de Primavera. O Café Latino acolle o groso da programación dunha xeira que protagonizan o flamenco e a homenaxe a Paco de Lucía. En total son doce concertos entre o 23 de abril e o 24 de maio, nos que participan artistas como Jorge Pardo, Josemi Carmona, Javier Colina, Chano Domínguez, Diego Amador ou José Ruiz “Bandolero”. Hugo Alves con Eric Alexander e Abe Rábade Renee Rosnes, Jerry González, Tony Miceli, Diego Amador con Llibert Fortuny e Romaní-Mitchell Swing Serenaders son outros dos músicos que participan no evento.

Dez anos ás voltas coa manivela

Xénero: Folk | 9 / 4 / 2014

imaxe non dispoñible

A zanfona vive un momento de expansión en Galicia. Novos intérpretes, artesáns de calidade internacional e unha presenza crecente aínda que minoritaria na música amosan un rico panorama. A capitanear este crecemento, os encontro Zona da Zanfona acaban de cumprir de anos como vangarda dun instrumento que aínda ten moito que dicir.

Alba María gaña o I Certame de Canción de Autor en Galego

Xénero: Cantautor | 7 / 4 / 2014

imaxe non dispoñible

O Certame de Canción de Autor en Galego, que convocou este ano por vez primeira o Concello de Teo, xa ten gañadora. Alba María impúxose aos outro sete finalistas e poderá gravar un disco de oito temas. Ademais, o público seleccionou Nastasia Zürcher para o accésit a mellor artista e o seu tema Voar para o de canción máis orixinal. En total foron 23 os aspirantes que se presentaron a un certame no que o xurado destacou a variedade das propostas e a alta calidade dos candidatos.

Abre en Ourense o café cultural El Pueblo

Xénero: Indie | 4 / 4 / 2014

imaxe non dispoñible

Da man do colectivo Discos Porno, mañá abre as súas portas en Ourense o café cultural El Pueblo. Coa intención de dinamizar a escena local con concertos, exposicións, o proxecto inaugúrase cun triple concerto gratuíto. Uzumaki, KRKT e Siesta! son os protagonistas da inauguración, nunha axenda que adianta xa as actuacións de Pingüino o día 10 e de Cró! e de Monotonus o vindeiro 19

Xosé Lois Foxo disolve a Fundación Real Banda de Gaitas que creou hai dous meses

Xénero: Folk | 4 / 4 / 2014

imaxe non dispoñible

Escasos dous meses. Ese é o tempo que durou a Fundación Real Banda de Gaitas creada por Xosé Luís Foxo para preservar o seu traballo personal feito a prol desta entidade que financia a Deputación de Ourense. Tal e como publica o xornal La Región, é o propio Foxo quen deu de baixa esta fundación o pasado mércores. Polo medio houbo unha xuntanza de Foxo co presidente da Deputación, Manuel Baltar Blanco, acontecida tras un pleno no que se debateu sobre a creación desta entidade. Segundo este mesmo xornal, abriuse un expediente informativo a Foxo debido a que o nome e o financiamento desta entidade son propiedade da administración provincial.

Triángulo de Amor Bizarro tamén triunfa en México

Xénero: Indie | 3 / 4 / 2014

imaxe non dispoñible

A Unión Fonográfica Independente, organización que integra os selos discográficos indies do estado español, outorgoulle o seu premio ao grupo galego Triángulo de Amor Bizarro. O galardón fai parte dos premios Indie-O-Music Awards que celebraron a súa gala o pasado 1 de abril na capital mexicana e recoñece o mellor traballo editado por unha discográfica española. Victoria mística, último traballo da banda, competía nesta categoria con bandas como Dorian, Guadalupe Plata, Joe Crepúsculo e Oso Leone.

Desconcierto Cultural cumpre tres anos

Xénero: Miscelánea | 3 / 4 / 2014

imaxe non dispoñible

Hai xa tres anos que o medio dixital Desconcierto Cultural abría as súas portas. Para celebrar a efeméride o web organiza este venres catro de abril un triplete de concertos en Santiago de Compostela. Alberto Montero achegará os seus sons coidados e con ecos psicodélicos á Casa das Crechas a partir das 20:30 horas. Ás 23 horas serán One of these days os que achegen o seu traballo ao pub Cachán, para deixar despois os escenario a Siesta! O abono para todos os concertos está dispoñible por dez euros en venda anticipada.

Os festivais quentan motores

Xénero: Miscelánea | 2 / 4 / 2014

imaxe non dispoñible

Coa primavera vanse coñecendo novidades sobre os festivais que se celebrarán nos vindeiros meses por todo o país. Entre as máis rechamantes está o recente anuncio de que o Festival do Norte muda a súa sede de Vilagarcía para a Illa de Arousa. Será entre o 3 e o 5 de xullo cun cartel aínda por anunciar. Quen xa adiantou parte dos artistas cos que contará é o Resurrection Fest, que achegará a Ribadeo grupos como NOFX, Amon Amarth, Turbonegro, DOWN, Red Fang ou Texas In July entre outros. Tamén o ourensán Derrame Rock publicitou xa que nomes como Loquillo, La Pegatina, Attaque 77, Miguel Costas, Uzzuhaia ou Marky Ramoney fan parte do seu cartel para os vindeiros 20 e 21 de xuño. Desde Bemposta, a nova edición de Reperkusíón confirmou xa a presenza de Muchachito y sus compadres, Crasssh, Cuchufellos e Terbutalina. O evento desenvolverase entre o 11 e o 13 de xullo.

Zona da Zanfona cumpre dez anos a reivindicar este instrumento

Xénero: Folk | 1 / 4 / 2014

imaxe non dispoñible

Desde o venres 4 de abril e ata o vindeiro domingo, Rianxo acollerá a celebración da décima edición de Zona da Zanfona. O encontro internacional dedicado a este instrumento celebra unha década cunha programación especial que inclúe unha exposición sobre aparellos con manivela, sesións de baile, concertos e actividades didácticas polos colexios da zona. Como novidade, este ano celebraranse dous cursos, o xa habitual para intérpretes, a cargo de Germán Díaz, e mais outro de Paulo González sobre composición para este instrumento.

<< Inicio / Anterior . 1871 a 1880 de 3582 . Seguinte \ Fin >>

BUSCADOR