Zona da Zanfona cumpre dez anos a reivindicar este instrumento
abril 1, 2014
Desde o venres 4 de abril e ata o vindeiro domingo, Rianxo acollerá a celebración da décima edición de Zona da Zanfona. O encontro internacional dedicado a este instrumento celebra unha década cunha programación especial que inclúe unha exposición sobre aparellos con manivela, sesións de baile, concertos e actividades didácticas polos colexios da zona. Como novidade, este ano celebraranse dous cursos, o xa habitual para intérpretes, a cargo de Germán Díaz, e mais outro de Paulo González sobre composición para este instrumento.
Tamén che pode interesar:
- 14/ 11/ 2024 | Zona da Zanfona celebra a súa vixésima edición en Arzúa
- 4/ 10/ 2024 | Un instrumento para construír unha identidade
- 15/ 1/ 2024 | A zanfona e Faustino Santalices, historia dunha recuperación
- 28/ 6/ 2018 | O XIV Zona da Zanfona amplía o seu programa
- 2/ 4/ 2013 | Volta a se convocar o concurso de gaita Constantino Bellón