Noticias
Unha investigación do CSIC analizará os palcos da música
Xénero:
| 11 / 7 / 2023Co título PALCOS. Cultura material e festa na paisaxe rururbana galega a delegación galega do Centro Superior de Investigacións Científicas (CSIC) presentaba este 10 de xullo en Compostela o seu novo proxecto de investigación sobre o patrimonio das festas e verbenas no noso país. A iniciativa, que conta con financiamento da Axencia Galega de Innovación (GAIN) pretende documentar e inventariar os palcos da música construídos entre os anos 70 e 2000 que existen no país.
O Festival de Ortigueira conmemora 45 anos cunha semana de actividade
Xénero:
| 10 / 7 / 2023Con senllos recitais da orquestra Sondeseu e do grupo Tallisk este 9 de xullo abría as súas portas a 45 edición do Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira. Ata o vindeiro 17 de xullo, a vila de Ortegal acollerá unha intensa actividade musical coa previsión de recibir ata 80.000 visitantes.
Sen Senra presenta unha viaxe ao seu pasado con "PO2054AZ (Vol.1)"
Xénero:
| 5 / 7 / 2023Sen Senra, nome artístico do vigués Christian Senra, é hoxe en día un dos proxectos musicais con máis proxección internacional da nosa escena musical. Catro anos despois do seu celebrado álbum de debut, 'Sensaciones' (2019, Sonido Muchacho), o músico ven de presentar baixo o selo da multinacional Universal Music Spain un novo traballo longo que reúne varias das cancións que foi sacando entre medias. "PO2054AZ (Vol.1)" é o título deste disco novo, un nome que é en realidade unha matrícula de coche da provincia de Pontevedra, en concreto do Peugeot 205 do pai de Christian onde le comezou a escoitar música, segundo confirmou en entrevistas. Este é, polo tanto, un traballo conectado coas súas raíces familiares, cunha viaxe emocional e coa nostalxia. Ademais preséntase como primeiro dunha triloxía que augura un resultado final espectacular para este artista que está deixando moi alto o nivel no electro-pop e no trap e ao que resulta imposible non relacionar con outra referencia da escena actual como C Tangana, o madrileño de raíces viguesas.
A Agadic reparte 575.000 euros entre festivais de música e de artes escénicas
Xénero:
| 5 / 7 / 2023Un total de dezaseis festivais musicais e dez de artes escénicas reparten as axudas a festivais nestes ámbitos que convocou a Axencia Galega das Industrias Culturais. O web desta entidade daba a coñecer este catro de xullo a resolución desta convocatoria á que se adhiren algunhas das principais citas neste ámbito e que reparte 360.000 euro no ámbito musical e 215.000 para os eventos de artes escénicas.
Os festivais dan a benvida a xullo
Xénero:
| 30 / 6 / 2023Remata o mes de xuño e comeza con xullo a tempada máis activa de eventos de verán. Entre eles varios pequenos festivais que en ámbitos locais fóra dos circuítos dos grandes eventos, dinamizan as súas zonas cunha oferta marcada pola calidade e a variedade. É o caso da VII edición do Fisterra Blues Experience, que comeza hoxe mesmo, venres 30 de xuño, e prolongarase durante toda a fin de semana na localidade da Costa da Morte. Outros puntos da costa, como o Arsenal Militar de Ferrol e os Faros Silleiro, Punta da Barca e de Corrubedo acollerán durante xullo os concertos do novo ciclo " Mar Aberto. Concertos na fin da terra". En Ponteareas ten lugar xa esta fin de semana unha nova edición do Rock in Río Tea, mentres que en Nigrán fan madrugar este ano o seu Vive Nigrán abrindo o verán con el este mesmo fin de semana tamén.
Aida e Romeo et Juliette protagonizan a Temporada Lírica da Coruña
Xénero:
| 29 / 6 / 2023O vindeiro 12 de setembro bota a andar a nova xeira da Temporada Lírica da Coruña. A Asociación de Amigos da Ópera presentaba este 28 de xuño o programa que celebrará unha trintena de actividades ata o día 15 de decembro. Representacións da ópera Aida de Verdi e mais de Romeo de Juliette de Charles Gounod preséntanse como pratos fortes do ciclo.
TAB reflexionan sobre o éxito en SED
Xénero:
| 28 / 6 / 2023Triángulo de Amor Bizarro ven de presentar o que é o seu sexto traballo longo: SED (Mushroom Pillow). Os de Boiro, seguen a ser o grupo que leva anos traballando nunha esixencia e compromiso coa súa calidade absolutas, e neste traballo volven a experimentar coas súas linguaxes sonoras propias e as súas influenzas mantendo o nivel que de seguro agardan o seus moitos seguidores. Segundo consta na comunicación por parte da discográfica, "SED é un disco mundano e terreal que trata de emocións primitivas dunhas personaxes nun mundo hostil, desigual e tecnificado no que o tempo pasa a toda ostia". A transcrición do título en símbolos de moedas ten que ver co concepto do álbum, segundo eles este á un disco sobre "a busca do éxito, a fama e o poder, a soidade na cima, os bos momentos a a inevitable decadencia dunhas personaxes que poderían ser TÚ."
Bota a andar o programa Mariña Inmaterial
Xénero:
| 23 / 6 / 2023Unha combinación de recuperación de memoria, conferencias e actuacións musicais e escénicas compoñen a proposta de Mariña Inmaterial. O novo programa cultural da produtora Ouvirmos, que se desenvolve co apoio da liña de axudas Territorio Cultura, desenvólvese entre o 28 de xuño e o 28 de xullo en espazos patrimoniais de Trabada, Barreiros, Cervo, Xove e mais Alfoz e o Valadouro. Cervo acollía na mañá deste 23 de xuño a presentación desta iniciativa que aproveita o orzamento do Mecanismo europeo de recuperación e resiliencia dos fondos NextGeneration.
A Deputación de Pontevedra pon na rede o documental Acorda
Xénero:
| 23 / 6 / 2023Logo da estrea, o pasado 20 de xuño, de Acordamos, o seu segundo documental sobre os lugares da memoria histórica na provincia, a Deputación de Pontevedra publicou na rede Acorda, a primeira produción desta serie audiovisual. O proxecto, que botou a andar en 2021, achega unha serie de actuacións musicais en espazos vencellados á represión franquista combinadas con memorias daqueles feitos.
A Real Filharmonía dedica a súa nova temporada ás Migracións
Xénero:
| 22 / 6 / 2023A se estrear como responsable artístico da formación, Baldur Brönnimann daba a coñecer este 21 de xuño a nova temporada da Real Filharmonía de Galicia en Santiago de Compostela. Migracións é o título deste programa e o fío que integra todas as propostas que a orquestra desenvolverá nos vindeiros meses.