Ir ao contido directamente.


Noticias

Milladoiro, Korpiklaani e Gwendal no 34º Festival da Carballeira de Zas

Xénero: Miscelánea | 14 / 6 / 2017

imaxe non dispoñible

Unha das citas musicais de verán máis veteranas e de obrigada atención para todos os seguidores do folk cumpre este agosto a trixésima cuarta edición. O festival da carballeira de Zas ven de presentar o cartel completo para os seus dous días de celebración na localidade coruñesa. Entre o venres 4 e ao sábado 5 de agosto pasarán polo escenario da Carballeira nomes de primeiro nivel do folk internacional como Milladoiro, Gwendal e grupo de folk-metal, Korpiklaani . O cartel inclúe tamén a Pan de Capazo e Os Fillos do Estramonio, Radio Cos, Moxie e Rare Folk. Na sesión vermú do sábado actuarán Dequenvesendo, Fanfarria Takicardia e Cé Orquestra Pantasma. As entradas para os dous días contarán con un prezo reducido hasta o día 4 xullo, de tan so 12€. A partir de esta data, o prezo será de 15€.

O certame de grupos Sonidos Mans decide os seu doce gañadores

Xénero: Miscelánea | 14 / 6 / 2017

imaxe non dispoñible

A Fundación Paideia, a través da súa iniciativa Estudios Mans, ven de desvelar as doce bandas gañadores do seu certame de grupos emerxentes Sonidos Mans. Os seis festivais de verán reunidos baixo a marca Rías baixas Fests acollerán cada un a actuación de dous destes grupos. A participación no concurso feito a través dunha plataforma web implicaba axeitarse en cada caso ás categorías musicais propostas por cada festival e a chamada conseguiu a participación de ata 220 propostas musicais. O resultado permítenos saber parte do cartel do Festival Sinsal deste ano, que incluirá a banda de trip-hop de Catoira Néboa e o proxecto literario-musical vigués Cintaadhesiva . Audionave, o proxecto do vasco Mikel Otero, e os composteláns Komodo gañaron o seu posto no cartel do Atlantic Fest. Os coruñeses Say my name e a banda indie conquense Fizzy Soup estarán no PortAmérica en Caldas e cerca de alí, no Revenidas de Vilaxoán, estarán como gañadores deste certame os composteláns Zapa! e os ponteareáns SonDaRúa. O rock da formación coruñesa Hexany e co soul dos pontevedreses The Soul Breakers. T3es e o dúo coruñés de Surf-Punk-Garage Playa Desmayo actuará en O Marisquiño de Vigo .

O festival ImaxinaSóns presenta programa da 13ª edición

Xénero: Jazz/Blues | 13 / 6 / 2017

imaxe non dispoñible

A 13ª edición do Festival de Jazz de Vigo Imaxina Sons, organizado polo Concello de Vigo, dá comezo o vindeiro 30 de xuño cun programa que, até o 8 de xullo, trae á cidade una representación do talento do jazz internacional na que, ademais, destaca o talento galego. A proposta inaugural correrá a cargo do compositor e pianista estadounidense Uri Caine, en formato trío xunto a Kenny Davis e Clarence Penn. Durante nove días consecutivos, a banda sonora de Vigo virá tamén da man de Abe Rábade, Marc Ducret, Santiago Quintáns, Carlos Bica ou Xan Campos, entre outros. É a décimo terceira edición de Imaxina Sons unha edición con moita música feita en Galicia. Aínda que non é un habitual do Imaxina Sons, nesta edición do festival soará o latin jazz do percusionista Yuvisney Aguilar na noite do venres 7 de xullo na rúa Londres nun concerto dedicado a Gonzalo Villar. Falecido o pasado mes de marzo, Villar foi un promotor e colaborador da música en directo, rexentando locais como El Malecón, Manteca ou Xancarajazz, centros de efervescencia musical diaria, que foron tamén espazos colaboradores de Imaxina Sons.

Os ciclos Xoves de Códax e o Son&Sal presentan as súas novas edicións

Xénero: Miscelánea | 12 / 6 / 2017

imaxe non dispoñible

Música en directo e viño, son os dous denominadores comúns á oferta de ciclos que veñen de presentarse de xeito case coincidente e que anuncian novas edicións dunhas fórmulas xa probadas anteriormente: Os Xoves de Códax e os Son&Sal. Seis son as edicións que levan xa Os Xoves de Códax, un ciclo de concertos de verán que se levan a cabo nas instalacións das Adegas Martín Códax, en Cambados. Cada xoves dos meses de xullo e agosto, a partir da 20:30 horas, a terraza das adegas presentará propostas musicais , con gran protagonismo de artistas galegas moitos deles en fusión con grandes do panorama nacional. Así o ciclo comezará o vindeiro 6 de xullo coa actuación conxunta de Silvia Pérez Cruz e Uxía. Unha voz do jazz, a rumba e o flamenco máis outra representativa do son galego e lusófono. En total nove concertos ao longo do verán polos que pasarán Cristina Pato e Wöyza; Nastasia Zürcher, gañadora do Premio Martín Códax da Música 2016 na categoría blues, funk e soul; Miguel Lamas e Lin Cortés; Rosario la Tremendita e Abe Rábade; Alba Molina e Marcos Teira; A banda de Balbina; Os Amigos dos músicos, gañadores do Premio Martín Códax da Música 2017; e o ciclo se pechará o 31 de agosto coa actuacuión de Budiño, Javier Limón e Luiz Caracol.

Xacarandaina abre en Carral o Ciclo Danza 3

Xénero: Folk | 9 / 6 / 2017

imaxe non dispoñible

Mañá, sábado, ás 11 horas comezará o Ciclo Danza 3 unha nova andaina coa actuación de xacarandaina no Campo da feira de Carra. Con esta actuación ábrese unha nova edición deste programa que xa ten máis de oito anos creado polas agrupacións integrantes do colectivo XOC –Xacarandaina, O Fiadeiro e Cantigas e Agarimos– para a difusión da música e o baile tradicionais. O ciclo, que conta coa colaboración da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), inclúe tanto actuacións na rúa como en recintos pechados e ofrecerá durente este verán outras 11 citas noutros tantos concellos: Baltar, Carballo, O Irixo, Mos, Muros, Ribadeo, Oroso, Ortigueira, Redondela, Sanxenxo e Vilalba. O colectivo XOC suma máis de 1.500 socios

Andrés Suárez coloca o seu novo disco no alto da lista de vendas

Xénero: Cantautor | 8 / 6 / 2017

not_27568.jpg

O cantautor ferrolán Andrés Suárez ven de entrar directo ao número 1 en vendas co seu sétimo disco Desde una ventana (Sony Music, 2017) estreado o pasado 26 de maio. O artista está a facer unha intensiva xira de concertos e presentacións en áreas comerciais. A asociación de produtores musicais Promusicae na súa lista de vendas en España coloca o disco de Andrés Suárez no máis alto da súa lista de 100 disco, como o máis vendido no período que vai do 28 d6 de maio ao 1 de xuño. Nunha acción anovadora Desde una ventan ofrece aos compradores 2 exemplares idénticos incluídos dentro do pack, para que poidan regalar un deles a outra persoa. Este sétimo disco do ferrolán, quinto de estudio, conta para os seus quince temas. coa produción do arxentino Adrián Schinoff, e con Andrés Litwin e Suárez como coprodutores e foi gravado en Girona nos estudios Music Lan con tómas de todos os instrumentos á vez en directo de estudio. Este traballo ofrece sons vitalistas e aires de pop-rock máis que ningún dos seus traballos anteriores e así se presenta o tema de lanzamento . O vindeiro 15 de xuño Andrés Suárez estará asinando exemplares na súa cidade, Ferrol, no Mediamarkt.

Vigo Sea Fest e Fisterra Blues Experience súmanse á oferta de festivais de verán

Xénero: Miscelánea | 7 / 6 / 2017

imaxe non dispoñible

O catálogo de festivais de verán segue a aumentar ofrecendo máis alternativas para gozar da música e doutros elementos complementarios como a gastronomía, a paisaxe e o patrimonio. Tal é o caso de dúas novas propostas que este ano comezan andadura en senllas localidades da costa galega: Vigo e Fisterra. En Vigo a Cooperativa de Armadores de Pesca do Porto veñen de presentar o Vigo Sea Fest “Festival Arvi do Peixe que entre os días 7 e 9 de xullo ofrecerá nos xardíns de Montero Ríos e a zona portuaria da cidade un amplo programa que comprende numerosas competicións deportivas acuáticas ou de praia, degustacións gastronómicas de cociña de autor, obradoiros de sostibilidade ambiental e concertos con dous escenarios. Miss Cafeína e Freedonia encabezan o cartel musical do evento, no que tamén actuarán The Soul Jacket, Julián Maeso, Mambo Jambo, Hot Chocolate, Clarence Bekker e Las Lollypops. A nivel gastronómico o festival contará coa participación de 12 chefs que elaborarán receitas cos principais produtos das flotas representadas na Cooperativa de Armadores de Vigo.

María do Ceo leva os poetas galegos ás crianzas no seu novo disco

Xénero: Infantil | 7 / 6 / 2017

cancions_para_nenas_nenos_maria_do_ceo.jpg

Xosé Neira Vilas, Suso Vaamonde e a Carlos Casares son os autores cos que María do Ceo se achega á música para o público infantil. O Pazo de San Roque, en Compostela, acollía onte a presentación de Cancións para nenas e nenos, un libro-CD no que a cantora luso-ourensá achega trece temas. Gando galego, Trabalinguas polisémico, A galiña azul, Xesta doce, O cuco, Parabéns para ti, Bate a mar, Tres bolboretas, Babel, O inverno, Nana para arrolar ou Nunha folla de salgueiro preséntanse nunha edición que tamén inclúe as letras dos temas ilustradas por Amalia López Brea. No álbum, autoeditado, a cantante conta coa colaboración dos músicos Xosé Salgado e Álex Salgado.

Das cinsas de Unicornibot xorde con forza Diola

Xénero: Alternativa | 6 / 6 / 2017

not_27558.jpg

Toño Magariños, Álex Gayoso e Gon Goitia forman Diola. Todos eles estiveron antes en Unicornibot, unha das bandas do colectivo La Metamovida, de referencia no auxe da música alternativa e independente da man en Galicia nos pasados anos. Os pontevedreses seguen apostando polo eclecticismo sonoro e o rock de experimentación con elementos electrónicos e guitarras distorsioadas e punzantes e sen renunciar a estribillos repetitivos e a enganchar tamén os ouvidos coas súas letras cheas de sarcasmo. Están a defender nestes días en directo o seu primeiro disco, homónimo da banda, gravado co selo BCore Disc. O disco, que pode escoitarse de balde e tamén está a venda nos formatos físico e dixital, ofrece dez temas gravados e mesturados en La Cortina Roja de A Coruña. A banda está estes días en directo xirando por salas e estarán o vindeiro día 17 de xuño no festival Surfing The Lérez de Pontevedra e tamén están confirmados para o festival portugués Milhões de Festa.

O XI Festival Alternativo Millo Verde ofrecerá case vinte concertos en tres días

Xénero: Alternativa | 6 / 6 / 2017

imaxe non dispoñible

A Asociación Cultural Millo Verde xa ten todo preparado para unha nova edición do seu Festival Alternativo, e será a undécima, que esta semana encherá de música e actividades Redondela. Cunha nova localización an punta da Praia de Cesantes do municipio pontevedrés, o festival ofrecerá entre xoves e sábado once actuacións diferentes de grupos maioritariamente galegos con dúas bandas de Portugal , outra de Alemaña e unha británica. O evento, de acceso libre, ofrecerá ademais outras actividades como xa é habitual: teatro, obradoiro de danza africana, campionato de baloncesto 3x3, gymcana, graffiti, etc. Por segundo ano, organizarase unha recolleita de alimentos non perecedoiros durante os tres días do festival para axudar aos máis desfavorecidos e que este ano será entregada á Fundación Provincial Banco de Alimentos.

<< Inicio / Anterior . 1261 a 1270 de 3538 . Seguinte \ Fin >>

BUSCADOR