O certame de grupos Sonidos Mans decide os seu doce gañadores
xuño 14, 2017
A Fundación Paideia, a través da súa iniciativa Estudios Mans, ven de desvelar as doce bandas gañadores do seu certame de grupos emerxentes Sonidos Mans. Os seis festivais de verán reunidos baixo a marca Rías baixas Fests acollerán cada un a actuación de dous destes grupos. A participación no concurso feito a través dunha plataforma web implicaba axeitarse en cada caso ás categorías musicais propostas por cada festival e a chamada conseguiu a participación de ata 220 propostas musicais. O resultado permítenos saber parte do cartel do Festival Sinsal deste ano, que incluirá a banda de trip-hop de Catoira Néboa e o proxecto literario-musical vigués Cintaadhesiva . Audionave, o proxecto do vasco Mikel Otero, e os composteláns Komodo gañaron o seu posto no cartel do Atlantic Fest. Os coruñeses Say my name e a banda indie conquense Fizzy Soup estarán no PortAmérica en Caldas e cerca de alí, no Revenidas de Vilaxoán, estarán como gañadores deste certame os composteláns Zapa! e os ponteareáns SonDaRúa. O rock da formación coruñesa Hexany e co soul dos pontevedreses The Soul Breakers. T3es e o dúo coruñés de Surf-Punk-Garage Playa Desmayo actuará en O Marisquiño de Vigo .
A participación estaba aberta a artistas de España e Portugal sen disco editado e distribuído con selos discográficos ou produtoras e distribuidoras. Os premiados interpretarán a peza gañadora durante o festival que corresponda e terán a oportunidade de tocar outros temas propios, ademais terá dereito á gravación, mestura e masterización dun EP de ata 20 minutos nos estudios de gravación Mans, na Coruña. Cada festival estableceu as categorías musicais que admitían a concurso. Algúns como o caso do PortAmérica incluían propostas de Pop e Rock; o SonRías o rock e World Músic, para o resto se contemplaron varias categorías en cada caso incluíndo o rap, punk , metal, electrónica e o folk.