Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / Andrés Suárez coloca o seu novo disco no alto da lista de vendas

'DESDE UNA VENTANA' é O SéTIMO TRABALLO DO CANTAUTOR FERROLáN

Andrés Suárez coloca o seu novo disco no alto da lista de vendas

CANTAUTOR | xuño 8, 2017

not_27568.jpg

O cantautor ferrolán Andrés Suárez ven de entrar directo ao número 1 en vendas co seu sétimo disco Desde una ventana (Sony Music, 2017) estreado o pasado 26 de maio. O artista está a facer unha intensiva xira de concertos e presentacións en áreas comerciais. A asociación de produtores musicais Promusicae na súa lista de vendas en España coloca o disco de Andrés Suárez no máis alto da súa lista de 100 disco, como o máis vendido no período que vai do 28 d6 de maio ao 1 de xuño. Nunha acción anovadora Desde una ventan ofrece aos compradores 2 exemplares idénticos incluídos dentro do pack, para que poidan regalar un deles a outra persoa. Este sétimo disco do ferrolán, quinto de estudio, conta para os seus quince temas. coa produción do arxentino Adrián Schinoff, e con Andrés Litwin e Suárez como coprodutores e foi gravado en Girona nos estudios Music Lan con tómas de todos os instrumentos á vez en directo de estudio. Este traballo ofrece sons vitalistas e aires de pop-rock máis que ningún dos seus traballos anteriores e así se presenta o tema de lanzamento . O vindeiro 15 de xuño Andrés Suárez estará asinando exemplares na súa cidade, Ferrol, no Mediamarkt.

datos do disco