Noticias
Paco Nogueiras lanza a súa particular emisora con Radio Bulebule
Xénero:
| 6 / 11 / 2017Logo do éxito de Brinca vai!, o que obtivo o Premio Martín Códax da Música na categoría Infantil, Paco Nogueiras presenta o seu novo traballo. O medio radiofónico inspira os doce temas de Radio Bulebule, un libro-CD-DVD que publica a editorial Kalandraka con ilustracións de David Pintor e uns videoclips dirixidos por José Miguel Sagüillo dirixindo que, unidos, forman unha curtametraxe. Os ritmos variados predominan nunhas cancións que se artellan como a grella de programación dunha peculiar emisora. Sintonía de entrada, axenda cultural, magazine de variedades, música, faladoiro, noticias, información deportiva e previsión meteorolóxica teñen cabida, con cadanseu tema, neste proxecto.
Eladio y Los Seres Queridos cociñan 'Historias de caza' con receita caseira
Xénero:
| 3 / 11 / 2017Hai un Eladio y Los Seres Queridos anterior a Cantares(Autoeditado, 2016) e outro posterior. Historias de caza (Autoeditado, 2017) é o primeiro traballo desta etapa e xa está á venda a través da súa web e dispoñible nas plataformas dixitais desde este 1 de novembro.
Elas toman o XXVII Festival de Jazz de Lugo
Xénero:
| 3 / 11 / 2017Coa clara intención de visibilizar a importante achega feminina ao mundo do jazz o XXVII Festival de Jazz de Lugo ven de presentar unha programación completa na que a descompensación recae esta vez do lado menos habitual, o feminino. Entre o 11 e o 19 deste mes de novembro pasaran polos escenarios do festival lucense dezanove actuación diferentes, con propostas diversas e de calidade arredor da música negra. Trece delas son proxectos protagonizados ou encabezados por mulleres e na maioría dos outros tamén están presentes elas como integrantes ou como artistas convidadas. Aos recintos habituais do Club Clavicémbalo e o Círculo das Artes súmaselle o Centro Cultural do Vello Cárcere e a casa do Saber da USC.
Volven Igloo co novo traballo 'Aquellos maravillosos daños'
Xénero:
| 2 / 11 / 2017Igloo volven pero nunca marcharon, Aquellos maravillosos daños (La Alianza Rebelde Producciones, 2017) é o sexto longa duración da súa prolífica carreira, dous anos despois do seu anterior disco Igloo2 (2015). Xa pasaron anos desque os de Caldas de Reis se fixeron un oco na escena musical indie e alternativa formando parte incluso do cartel dunha das primeiras edicións do Festival Sinsal cando era un evento urbano en 2008. O proxecto Igloo segue adiante e moi vivo doce anos despois do seu primeiro disco homónimo Igloo (2005) e estes días comeza a presentación do seu novo traballo gravado e producido por eles mesmos e editado por Ernie Records.
A Mardi Gras comeza un mes de celebración do 18 aniversario
Xénero:
| 2 / 11 / 2017En novembro de 1999 abría as súas portas na Coruña a Sala Mardi Gras rememorando o espírito dos garitos de New Orleans, buscaba ofrecer música en directo cada semana cunha axenda de concertos de artistas moi seleccionados que foron dando personalidade propia ao recinto como axente cultural de primeira orde na cidade. Este mes a Mardi Gras cumpre dezaoito anos en activo con milleiros de concertos ás súas costas e como un dos locais de referencia da música en directo en Galicia acollendo actuacións de bandas internacionais, estatais e grupos emerxentes. A celebración ofrecerá 18 concertos nun mes e algunhas novidades para o futuro.
Banda Crebinsky lévanos ao Zirkus Affe
Xénero:
| 31 / 10 / 2017Un achegamento ao son de raíz mediterránea e á música rai e hindú marca o terceiro álbum de Banda Crebinsky. O grupo autoproduce Zirkus Affe, un proxecto no que explotan a ambientación circense e incrementan as letras en galego. A voz de Serxio Zearreta colle protagonismo e comparte micro con Vadzim Yuknevich nun proxecto que conta coas colaboracións de Carlos Castro, Nuria de León ou Jerry Noia. Fernando Abreu Fernández nos clarinetes, Enrique Otero aos teclados, a guitarra de Pablo González, os baixos de Pablo Pérez, Miguel Queixas á Batería e Xacobe Lamas no violín completan a formación, que estreou o disco cun concerto na sala Capitol o pasado mes de setembro pero que xa adiantaran boa parte dos seus contidos en recitais ao longo do verán.
Agoraphobia van a por todas con Incoming Noise
Xénero:
| 30 / 10 / 2017O primeiro disco de longa duración das barbanzanas Agoraphobia Incoming Noise (Autoeditado) chega cando xa levan anos conseguindo recoñecementos. Gañadoras este mesmo ano do IV Premio Martín Códax da Música en Galicia na categoría de Rock e do Vodafone yu Music Talent de 2013, nos últimos anos subiron aos escenarios de festivales nacionais como Brincadeira Festival, Monkey Week, Portamérica, Sunshine Festival, Vértigo Estival ou Low Festival, entre outros, veñen de actuar no festival Posporos de Manila en Filipinas e pasaron dous anos consecutivos polo prestixioso festival South by Southwest (SXSW) de Texas. Incoming Noise, supón para elas un "paso de madurez profesional e persoal" co que presentan un novo estilo sonoro. O grupo ven de facer unha presentación previa durante o encontro profesional da industria musical BIME de Bilbao e o disco xa está desde o pasado venres nas plataformas dixitais e sairá á venda na edición dixital o venres día 3 de novembro.
Alejandro Vargas, Rosa Cedrón e Camerata Egeria homenaxean a Chané
Xénero:
| 27 / 10 / 2017O pianista cubano Alejandro Vargas e a cantante Rosa Cedrón capitanean Chané na Habana, o disco en homenaxe ao coñecido compositor galego que acaba de ver a luz da man de aCentral Folque e a Deputación da Coruña a coincidir co centenario do músico. O proxecto, que se puido ver ao directo este verán na Coruña e en Compostela reivindica a totalidade da obra do compositor desde a perspectiva da música cubana. Unha reinterpretación na que Vargas e Cedrón se acompañan de dezaseis músicos de catro nacionalidades, entre eles o trompetista cubano Myquel González e varios membros da Real Filharmonía de Galicia reunidos na Camerata Egeria, todos eles baixo a dirección artística de Ramon Pinheiro.
Valentín Caamaño homenaxea a Grant Green no seu novo disco
Xénero:
| 26 / 10 / 2017Un concerto na compostelá Casa das Crechas serve esta noite a partir das 22 horas de presentación para Green with envy, o segundo traballo de Valentín Caamaño Trío. A formación, na que o guitarrista se acompaña da batería Andrés Rivas e do contrabaixo de Juyma Estévez, rende homenaxe ao guitarrista Gran Green a través de oito temas nos que se mesturan composicións deste músico con clásicos da tradición blues americana. Swing, hardbop, blues e mesmo gospel danse cita no álbum, publicado da man de FreeCode Jazz Records.
Resurrection Fest e Portamérica conseguen o recoñecemento dos Premios Fest
Xénero:
| 26 / 10 / 2017Os Premios Fest, únicos galardóns do Estado que recoñecen o traballo dos festivais musicais, volven ter presenza galega entre os seus gañadores. O Resurrection Fest e o Portamérica, únicos candidatos do país na edición deste ano, conseguiron cadanseu recoñecemento. O festival de Viveiro fíxose desta volta co premio á mellor zona de acampada. No entanto, ficou relegado nas outras tres categorías en que competía. Precisamente nunha delas, a de mellor zona de restauración, foi o outro finalista galego o que lle tirou o premio, de xeito que o Portamérica inaugura a súa etapa en Caldas a figurar neste palmarés cun galardón que xa obtivera en 2015 e no que estivo como finalista nas catro edicións deste certame.