Elas toman o XXVII Festival de Jazz de Lugo
novembro 3, 2017
Coa clara intención de visibilizar a importante achega feminina ao mundo do jazz o XXVII Festival de Jazz de Lugo ven de presentar unha programación completa na que a descompensación recae esta vez do lado menos habitual, o feminino. Entre o 11 e o 19 deste mes de novembro pasaran polos escenarios do festival lucense dezanove actuación diferentes, con propostas diversas e de calidade arredor da música negra. Trece delas son proxectos protagonizados ou encabezados por mulleres e na maioría dos outros tamén están presentes elas como integrantes ou como artistas convidadas. Aos recintos habituais do Club Clavicémbalo e o Círculo das Artes súmaselle o Centro Cultural do Vello Cárcere e a casa do Saber da USC.
Esther Ovejero, máis coñecida polo seu nome artístico Ricca, será a encargada de abrir esta nova edición do festival o sábado 11 ás 20:30 horas co seu soul, acompañada dun nutrido combo de intérpretes. Carla Bley co Riverside Quartet de Dave Douglas & Chet Doxas; Allison Miller; Ingrid & Christine Jensen Quintet; Melissa Aldana Quartet; Charenée Wade; Magos Herrera; María Toro; O Sister! ou Mariola Membrives son algunas das outras artistas que este ano enchen en feminino un cartel cos mellores sons actuáis do panorama internacional e referentes nas súas especialidades interpretativas. Soul, electroswing, estándares e diferentes ramas do jazz Terán o sei sitio no variado cartel. Formacións galegtas como leira Catro ou Ejazz tamén teñen o seu sitio no programa. As entradas xa están á venda.
Tamén che pode interesar:
- 8/ 11/ 2013 | Lugo acolle desde hoxe o seu XXIII Festival de Jazz
- 7/ 11/ 2012 | Lugo presenta o seu XXII Festival de Jazz
- 31/ 10/ 2012 | Ribadeo acolle o seu primeiro festival de jazz
- 7/ 11/ 2007 | Lugo aposta por nomes coñecidos para o seu Festival de Jazz
- 14/ 11/ 2005 | Santiago e Lugo acollen esta semana unha nova edición dos seus festivais de Jazz