Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / Banda Crebinsky lévanos ao Zirkus Affe

O TERCEIRO áLBUM DO CONXUNTO ACHéGASE AOS SONS MEDITERRáNEOS

Banda Crebinsky lévanos ao Zirkus Affe

FUSIóN | outubro 31, 2017

zirkus_affe_banda_crebinsky.jpg

Un achegamento ao son de raíz mediterránea e á música rai e hindú marca o terceiro álbum de Banda Crebinsky. O grupo autoproduce Zirkus Affe, un proxecto no que explotan a ambientación circense e incrementan as letras en galego. A voz de Serxio Zearreta colle protagonismo e comparte micro con Vadzim Yuknevich nun proxecto que conta coas colaboracións de Carlos Castro, Nuria de León ou Jerry Noia. Fernando Abreu Fernández nos clarinetes, Enrique Otero aos teclados, a guitarra de Pablo González, os baixos de Pablo Pérez, Miguel Queixas á Batería e Xacobe Lamas no violín completan a formación, que estreou o disco cun concerto na sala Capitol o pasado mes de setembro pero que xa adiantaran boa parte dos seus contidos en recitais ao longo do verán.

datos do disco