Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / Alejandro Vargas, Rosa Cedrón e Camerata Egeria homenaxean a Chané

ACENTRAL FOLQUE PRESENTA O DISCO CHANé NA HABANA

Alejandro Vargas, Rosa Cedrón e Camerata Egeria homenaxean a Chané

FUSIóN | outubro 27, 2017

chane_na_habana_alejandro_vargas.jpg

O pianista cubano Alejandro Vargas e a cantante Rosa Cedrón capitanean Chané na Habana, o disco en homenaxe ao coñecido compositor galego que acaba de ver a luz da man de aCentral Folque e a Deputación da Coruña a coincidir co centenario do músico. O proxecto, que se puido ver ao directo este verán na Coruña e en Compostela reivindica a totalidade da obra do compositor desde a perspectiva da música cubana. Unha reinterpretación na que Vargas e Cedrón se acompañan de dezaseis músicos de catro nacionalidades, entre eles o trompetista cubano Myquel González e varios membros da Real Filharmonía de Galicia reunidos na Camerata Egeria, todos eles baixo a dirección artística de Ramon Pinheiro.

Clásicos como Os Teus Ollos ou Un Adios a Mariquiña encóntranse neste álbum, que se presentou onte ao público no Teatro Colón da Coruña e que verá dúas presentacións máis, con concertos este 28 de outubro no Auditorio Municipal de Rianxo e o vindeiro 11 de novembro, no Auditorio Municipal de Melide.

datos do disco