Ti estás aquí > Inicio / Xéneros / Pop
Música Pop
Grampoder debuta con Golf Whiskey
Xénero:
| 30 / 4 / 2013Martin Wu e LeRoi, membros de The Homens, voltan á carga mentres deixan descansar este grupo cunha nova formación. Co nome de Grampoder lanzan Golf Whiskey, un álbum con doce temas de "rock portátil, pop campestre, folk psicodélico, hardcore comeflores", segundo eles mesmos definen o proxecto. Unha proposta artesá e de pequeno formato coa que o dúo pretende desenvolver concertos privados e para públicos reducidos e que se gravou nos estudios composteláns A Ponte. O volume estará dispoñible a comezos do mes de maio en formato físico da man de Discos da Máquina, e ata entón o grupo está subindo a Bandcamp os temas que o compoñen. O vindeiro día 7 de maio un concerto na Casa das Crechas, en Compostela, servirá de presentación do traballo, e a xira continuará por Cervo o día 10.
Niño y Pistola presentan There's a Man with a Gun Over There
Xénero:
| 5 / 3 / 2013As bandas de folk rock americanas dos anos 60 e 70 inspiran o son de Niño y Pistola en There's a Man with a Gun Over There, o seu cuarto traballo discográfico. Trátase dunha obra conceptual na que narran a historia dun xornaleiro americano que nos anos 50 decide matar o seu xefe e vai á prisión polo seu delito e a súa situación cando sae da cadea. O disco, aínda que conta con dez temas, está pensado como dúas suites de 19 minutos cada unha (Cara A e Cara B) que se escoitan sen interrupcións. A gravación realizouse nos estudios composteláns A Ponte, de Tomás Ageitos, e pode escoitarse íntegro en plataformas como Soundcloud, mentrs o CD chega hoxe ás tendas.
Yül volta con Buenas noches y buena suerte
Xénero:
| 1 / 3 / 2013Logo de dez anos de silencio musical, Julio Béjar Yül volta ás tendas, desta volta en solitario con Buenas noches y buena suerte, con nove temas de "pop rock de toda a vida" segundo sinala o artista e unha pista de bonus. O disco, xa dispoñible nas tendas, gravouse entre os estudos Estudios Bonham e Paz & Records, e no mesmo Yül conta con colaboracións como a de Miguel Costas. A estrea será esta noite cun concerto no Playa Club da Coruña, onde Béjar estará a acompañado Jose Bonham, Pocho Taxes, Kiko Reimúndez e Manuel R. Subi.
Luz Casal recibe un Grammy Latino honorífico á súa carreira
Xénero:
| 12 / 11 / 2012Las Vegas acolle o vindeiro día 14 a cerimonia de entrega dos XIII premios Grammy Latinos. Na mesma, estará presente a cantante galega Luz Casal, que foi galardoada nesta edición cun dos Premios á Excelencia Musical da Academia Latina da Grabación, un galardón honorífico que recoñece "artistas que realizaron contribucións creativas de excepcional importancia artística no campo da grabación durante as súas carreiras". A páxina dos galardóns apunta que a intérprete galega é "unha figura icónica no rock e na música pop en español".
A XIV edición do Felipop homenaxea a Magín Blanco
Xénero:
| 8 / 8 / 2012A actuación do Mago Fon máis a comedia teatral Malos Hábitos (Iolanda Muíños e Camila Bossa) abren esta noite a XIV edición do Felipop de Fene. Trátase dun encontro que nesta ocasión homenaxea ao músico Magín Blanco, moi vencellado a esta cita musical desde a súa creación. Os madrilñeos Mama, os cataláns Suzy&Los Quattro ou o británico Nick Garrie son algún dos reclamos deste certame que organiza a Asociación cultural Felicia de Limodre. Os cen primeiros que merquen un abono para dous días recibirán o traballo Doutor Apertas, cos que recoñecidos músicos galegos reinterpretan cancións de Magín, tralo accidente que o imposibilitou volver tocar.
Mika e Xoel López encabezan o Noroeste Pop-Rock
Xénero:
| 20 / 7 / 2012O Concello da Coruña deu a coñecer onte finalmente os nomes que completan o cartel do Noroeste Pop Rock. Os xa anunciados Mika e Xoel López estarán acompañados polas bandas locais Strazz, Plus Lottus, Wolrus e Escuchando Elefantes os días 9 e 10 de agosto. A actuación Xoel López "e amigos" promete sorprender cunha posta en escena qu especial que non se coñecerá ata o momento da actuación. A diferenza de anos anteriores, os grupos locais que participan no evento non se escolleron mediante un certame, senón que a Concellaría de Cultura asesorouse cun comité de expertos para facer a selección.
O festival PortAmérica estréase con Julieta Venegas e Love of Lesbian
Xénero:
| 29 / 5 / 2012Nigrán acollerá este ano a primeira edición do Festival de Música Internacional PorAmérica. Julieta Venegas, Love of Lesbian, Xoel, Zoé e Onda Vaga son os primeiros nomes confirmados nun cartel que se prolongará entre o 19 e o 21 de xullo. A aproveitar o espazo de acampada do evento, a organización convida aos asistentes a prolongar a súa estancia ata cinco días e desfrutar do contorno. Canda ás actuacións musicais, un espazo dedicado ás ideas innovadoras e unha zona gastronómica darán a coñecer os alimentos do país.
Projecto Mourente volta con A pior
Xénero:
| 23 / 5 / 2012A pior é o título do novo traballo de Projecto Mourente. Carlos Valcárcel renova a súa aposta polo pop electrónico cun álbum de dez cortes no que conta con colaboracións de diferentes músicos do país como The Homens ou Andrés Boado. Polo momento a obra está dispoñible unicamente en edición dixital no web Bandcamp, aínda que Valcárcel está a negociar a posibilidade dunha edición física que prevé financiar mediante Crowdfunding. Para setembro ten previsto desenvolver os concertos de promoción do no álbum que está autoeditado. A gravación realizouse de xeito doméstico e a mestura e a masterización correou por conta de Tomás Ageitos nos estudios de A Ponte.
Músicos galegos únense nunha homenaxe a Magín Blanco
Xénero:
| 21 / 5 / 2012Doutor Apertas. Tributo a Magín Blanco é o título do proxecto no que están embarcados un unha trintena de músicos do noso país. A intención e gravar un duplo disco de versións de Blanco en homenaxe a este músico, que por mor dun accidente en 2011 ficou imposibilitado para tocar a guitarra. O proxecto abriu unha conta no web Verkami para recadar fondos mediante o sistema de Crowdfunding, e a falta de 27 días para rematar o prazo da colecta, obtivo xa 2.370 euros dos 3.000 que se marcaron como obxectivo. Uxía, Xoel López, Malvela, Eladio & los Seres Queridos, Roger de Flor ou Emilio Rúa son algúns dos artistas que participan nesta iniciativa.
Burgas Beat retorna con Todo lo que vamos dejando atrás
Xénero:
| 3 / 5 / 2012Todo lo que vamos dejando atrás é o título do terceiro disco do grupo ourensán Burgas Beat. Manténdose no seu estilo pop, o conxunto presenta nove temas nos que destaca unha aposta pola electrificación do son do grupo. Gravado nos estudos Abrigueiro de Friol, o proxecto está editado en vinilo e en CD da man de Peggy Records, Rock Indiana e Qué Queres Edicións. O Café Cultural Auriense, de Ourense, acolle o vindeiro 5 de maio o concerto de presentación deste traballo.
REPORTAXE

Disco con etiqueta
Data.O vinte de maio o público e un xurado escollerán o Primeiro disco pop do ano de solistas galegos