Burgas Beat retorna con Todo lo que vamos dejando atrás
maio 3, 2012
Todo lo que vamos dejando atrás é o título do terceiro disco do grupo ourensán Burgas Beat. Manténdose no seu estilo pop, o conxunto presenta nove temas nos que destaca unha aposta pola electrificación do son do grupo. Gravado nos estudos Abrigueiro de Friol, o proxecto está editado en vinilo e en CD da man de Peggy Records, Rock Indiana e Qué Queres Edicións. O Café Cultural Auriense, de Ourense, acolle o vindeiro 5 de maio o concerto de presentación deste traballo.
Canda a este lanzamento, a banda ten dispoñible para a escoita no web Bandcamp un mini-LP, Retales no que recolle seis versións que realizaron para diferentes discos de homenaxe e que, nalgúns casos, permanecían aínda inéditas.