Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / O festival PortAmérica estréase con Julieta Venegas e Love of Lesbian

XOEL LóPEZ, ZOé E ONDA VAGA ESTARáN TAMéN EN NIGRáN ENTRE O 19 E O 21 XULLO

O festival PortAmérica estréase con Julieta Venegas e Love of Lesbian

POP | maio 29, 2012

imaxe non dispoñible

Nigrán acollerá este ano a primeira edición do Festival de Música Internacional PorAmérica. Julieta Venegas, Love of Lesbian, Xoel, Zoé e Onda Vaga son os primeiros nomes confirmados nun cartel que se prolongará entre o 19 e o 21 de xullo. A aproveitar o espazo de acampada do evento, a organización convida aos asistentes a prolongar a súa estancia ata cinco días e desfrutar do contorno. Canda ás actuacións musicais, un espazo dedicado ás ideas innovadoras e unha zona gastronómica darán a coñecer os alimentos do país.

Para alén do festival en si, os organizadores prevén habilitar na rede un espazo de coworking onde todos os interesados poidan publicar fotografías, pezas de audio e compartir contidos.