Ti estás aquí > Inicio / Xéneros / Pop
Música Pop
Los Televisores presentan o seu primeiro disco
Xénero:
| 20 / 3 / 2014Logo dun single e de participar no recompilatorio Galician Bizarre, Los Televisores chegan co seu primeiro LP. Chicos i chicas presenta oito temas de punk.pop nos que se deixa sentir a pegada de propostas como Alaska ou Kaka de Luxe con letras cheas de humor. O trío de Chantada presentou o álbum o pasado 15 de marzo en La Iguana de Vigo.
O Podría ser de Paul Álvarez está xa á venda
Xénero:
| 23 / 1 / 2014Oito temas nos que a guitarra leva a voz cantante, con toques de flamenco e chiscadelas ao pop compoñen Podría ser. O guitarrista coruñés Paul Álvarez debuta cun disco autoeditado coa etiqueta The Orchard na que amosa o seu bo facer coas cordas. Miguel Lamas, Risto Vuolanne, Iago Mouriño, Juan Cabe, Pablo Añón ou Sara Vázquz son algúns dos colaboradores que participan no lanzamento. O disco está á venda en tendas dixitais e mais en locais da Coruña como Discos Portobello ou a Cervecería A Franxa.
Pablo Seijas laza o seu primeiro álbum en solitario
Xénero:
| 3 / 1 / 2014Un concerto na sala herculina LeClub o vindeiro 17 de xaneiro será a presentación pública de Para brillar, o primeiro disco de Pablo Seijas. O coruñés membro da banda Misterioso Viaje Holanda debuta en solitario cun volume autoeditado no que presenta trece temas persoais que rachan co son do grupo para apostar por un son máis pop e intimista. Logo do concerto de presentación, no que contará con banda, o artista iniciará unha xira na que traballará en solitario o formato acústico. O álbum está dispoñible en iTunes e para a súa libre escoita en Bandcamp, e o cantante anuncia a súa intención de facer unha edición física.
Quatro D Abril volta con Mundo circular
Xénero:
| 27 / 12 / 2013A sala Karma de Pontevedra acolle esta noite o concerto de presentación do novo traballo de Quatro D Abril. O grupo xoga na casa para estrear Mundo circular, un volume con nove temas que afonda na liña pop e melódica do seu primeiro traballo. Cunha nova formación na que só se manteñen dous dos catro membros orixinais, o conxunto contou coa produción de David Feito, guitarrista de El Sueño de Morfeo para o novo traballo.
Los Huéspedes felices apostan polo folk psicodélico no seu novo traballo
Xénero:
| 19 / 12 / 2013A seguir cos ollos postos no pop dos anos 60, o grupo de Fene Los Huéspedes Felices presentan no seu novo traballo unha viraxe de estilo. Las cosas que no vemos, publicado o pasado mes de novembro e dispoñible íntegro na rede amosa un achegamento ao pop-folk inglés desta época con importantes doses de psicodelia. A veterana banda, con máis de dúas décadas de traballo ás costas, aposta polo LP con CD como formato para o novo traballo, con seis temas luminosos por cada cara no que guitarras, harmonías vocais e órgano hammond conforman unha atmósfera retro. O álbum sae á luz da man de Clifford Records e está á venda por catorce euros.
A terra queima integra a narrativa e a música
Xénero:
| 4 / 12 / 2013Edicións Xerais acaba de presentar A terra queima, un libro con CD no que se integra a música e narrativa nunha soa historia. Cancións de Lalo Martínez complementan e achegan información sobre o misterio ao que se enfronta Antón, protagonista da narración. O volume conta con textos de Xurxo Souto e ilustracións de Sesé Barreiro.
Iván Ferreiro continúa a súa carreira co quinto álbum em solitario
Xénero:
| 17 / 9 / 2013Doce novos temas (catorce na edición especial) compoñen o cuarto álbum de estudio de Iván Ferreiro e quinto da súa carreira en solitario. O ex-líder de Los Piratas pon á venda o vindeiro 24 de setembro Val Miñor-Madrid: historia y cronología del mundo e adianta xa dous temas por Internet. El dormilón e Como conocí a vuestra madre son os primeiros singles deste traballo que sae con versións en CD e vinilo e que inclúe unha colaboración con Julieta Venegas. O álbum foi gravado nos estudios Blind Records de Barcelona e amosa o retorno do músico á temática intimista.
O Noroeste Pop Rock recupera o directo para escoller aos grupos participantes
Xénero:
| 4 / 7 / 2013Aínda que a cabeza de cartel do Noroeste Pop Rock, o festival que se celebra na praia de Riazor (A Coruña), será o grupo británico Suede. No evento tamén participarán artistas como Kiko Veneno ou Los Enemigos, pero a novidade deste ano será no apartado do concurso musical, ao que están convidados grupos de pop e rock galegos. Tras unha fase de preselección, os grupos preseleccionados deberán actuar o 15 e 16 de xullo na Sala Túnel do Coliseum ante o público (entrada de balde con convite). O xurado valorará en gran medida o directo dos grupos. O Noroeste Pop Rock celebrarase os días 9 e 10 de agosto.
Luz Casal recibe o premio SESAC Latina Icon pola súa carreira
Xénero:
| 20 / 6 / 2013A sociedade de dereitos de compositores latinos, SESAC, concedeu esta noite os seus premios anuais. Este ano os premios incluían dúas novidades: dunha banda, a creación dunha categoría YouTube Performance Award para premiar a importancia de YouTube como unha ferramenta de promoción e o premio Icono (SESAC Latina Icon Award) para destacar no impacto mundial da cultural musical. Este último foi o que recibiu a cantante galega Luz Casal a quen lle recoñecen ter gravado en español en francés, compartir escenario con Sting, U2, coa banda de Paul McCartney ou facer parte da banda sonora Tacóns lonxanos de Pedro Almodóvar, entre outros méritos.
Nicolás Pastoriza presenta Poetas y motocicletas
Xénero:
| 3 / 5 / 2013Sons psicodélicos con aires ás grandes bandas dos anos 60 compoñen o novo traballo de Nicolás Pastoriza. Poetas y motocicletas achega sete temas nunha dupla edición en CD e en Vinilo está xa dispoñible para os interesados. Producido por Iván Ferreiro, que tamén colabora no disco, o álbum está autoeditado e pode escoitarse tamén no seu web de Pastoriza.
REPORTAXE

Disco con etiqueta
Data.O vinte de maio o público e un xurado escollerán o Primeiro disco pop do ano de solistas galegos