Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / Pablo Seijas laza o seu primeiro álbum en solitario

O MEMBRO DE MISTERIOSO VIAJE HOLANDA PRESENTA PARA BRILLAR O VINDEIRO 17 DE XANEIRO

Pablo Seijas laza o seu primeiro álbum en solitario

POP | xaneiro 3, 2014

pablos_seijas_para_brillar.jpg

Un concerto na sala herculina LeClub o vindeiro 17 de xaneiro será a presentación pública de Para brillar, o primeiro disco de Pablo Seijas. O coruñés membro da banda Misterioso Viaje Holanda debuta en solitario cun volume autoeditado no que presenta trece temas persoais que rachan co son do grupo para apostar por un son máis pop e intimista. Logo do concerto de presentación, no que contará con banda, o artista iniciará unha xira na que traballará en solitario o formato acústico. O álbum está dispoñible en iTunes e para a súa libre escoita en Bandcamp, e o cantante anuncia a súa intención de facer unha edición física.

MULTIMEDIA
Para brillar en Bandcamp
datos do disco