Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / O Podría ser de Paul Álvarez está xa á venda

A GUITARRA CON TOQUES FLAMENCOS PROTAGONIZA O DEBUT DO CORUñES

O Podría ser de Paul Álvarez está xa á venda

POP | xaneiro 23, 2014

paul_alvarez_podria_ser.jpg

Oito temas nos que a guitarra leva a voz cantante, con toques de flamenco e chiscadelas ao pop compoñen Podría ser. O guitarrista coruñés Paul Álvarez debuta cun disco autoeditado coa etiqueta The Orchard na que amosa o seu bo facer coas cordas. Miguel Lamas, Risto Vuolanne, Iago Mouriño, Juan Cabe, Pablo Añón ou Sara Vázquz son algúns dos colaboradores que participan no lanzamento. O disco está á venda en tendas dixitais e mais en locais da Coruña como Discos Portobello ou a Cervecería A Franxa.

datos do disco