Ti estás aquí > Inicio / Xéneros / Folk
Música Folk
Un documental para conmemorar 30 anos da Mostra de Instrumentos de Pardiñas
Xénero:
| 4 / 8 / 2023Este sábado e domingo terá lugar en Pardiñas (Guitiriz), Lugo a Mostra de Instrumentos de Música Tradicional de Pardiñas e o festival a ela asociado. Será a 30ª edición deste evento que supón una das máis importantes citas co artesanado musical da península. En conmemoración polo aniversario ven de estrearse o documental "Labrando Músicas", un traballo audiovisual de 25 minutos presentado pola Asociación de Gaiteiros/as Galegos/as, producido polos cineastas Olaia Tubío e Alejandro Gándara ("Dorothè na vila") que, ademais, é o director artístico do mesmo. O documental xa está dispoñible na canle YouTube da AGG.
O Trad Fest fai un repaso á diversidade da música de raíz
Xénero:
| 28 / 7 / 2023Unha nova edición do Trad Fest encherá o próximo domingo a praza da Quintana e o parque de Bonaval de Santiago de Compostela cunha selección de voces da música de raíz dos panoramas galego e internacional. O festival inclúe na súa programación obradoiros, ruadas, espazos gastronómicos e unha feira de artesanía e un cartel musical con artistas como Xurxo Fernandes, Xoán Curiel ou Verónica Codesal para brindarlle ao público máis de 12 horas ininterrompidas de música, baile, tradición e vangarda. O evento representa unha oportunidade de achegarse á variedade e calidade dun dos xéneros musicais máis puxantes da nosa escena musical.
Luar na Lubre bota o ollar atrás no seu vixésimo álbum
Xénero:
| 14 / 7 / 2023Da man de Baía Edicións este 14 de xullo preséntase ao público XX- Encrucillada. O novo traballo de Luar Na Lubre, vixésimo da súa carreira discográfica, é unha ollada atrás á historia dunha banda que cumpre 37 anos en activo en 2023. Ademais, a formación sinala que este será probablemente o seu último traballo en formato físico.
O XXIV Memorial Ricardo Portela homenaxeará a Concha de Luneda
Xénero:
| 13 / 7 / 2023Esta fin de semana (14, 15 e 16 de xuño) terá lugar en Pontevedra a XXIVª edición do Memorial Ricardo Portela, un evento da nosa cultura tradicional que serve para festexar a figura deste gaiteiro histórico. A AGG (Asociación de Gaiteirxs Galegxs) organiza este encontro que durante tres días reunirá nas inmediacións da praza da Ferrería de Pontevedra un feixe de actividades, concertos, pasarrúas e mostras de artesáns que son reflexo da cultura tradicional arredor da música. Este encontro que leva o nome do gaiteiro de Viascón servirá este ano para homenaxear tamén a outra figura pola súa achega ao patrimonio musical do país. Este ano será Concepción Rodríguez Álvarez (Arbo, 1926 –2019), "Concha de Luneda" a que reciba este recoñecemento.
O Festival de Ortigueira conmemora 45 anos cunha semana de actividade
Xénero:
| 10 / 7 / 2023Con senllos recitais da orquestra Sondeseu e do grupo Tallisk este 9 de xullo abría as súas portas a 45 edición do Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira. Ata o vindeiro 17 de xullo, a vila de Ortegal acollerá unha intensa actividade musical coa previsión de recibir ata 80.000 visitantes.
Os Premios Opinión pechan un círculo entre pandeireteiras
Xénero:
| 15 / 6 / 2023A vixésimo segunda gala dos Premios Opinión da Música de Raíz, que se celebrou onte no Teatro Rosalía de Castro serviu para recoñecer e valorar a excelencia da música tradicional galega e tamén para pechar un círculo simbólico de fluxo entre dúas xeracións de mulleres. Co cambio de formato de premios que comezou este ano, os galardóns que entrega o xornal La Opinión, pasaron de cinco a dous premios: o Andaina Senlleira, un recoñecemento a unha traxectoria; e o de Acontecemento Musical do ano, enfocado no sucedido no pasado máis recente. Neste caso o xurado destinou ambos recoñecementos a dúas formacións que coinciden en estar formadas por mulleres e que teñen a pandeireta e o cantar como sinal distintiva, pero que están en momentos moi diferentes. Leilía, que xa anunciaron a súa despedida, foron a as recoñecidas co primeiro destes premios e as Tanxugueiras recibiron o galardón polo éxito acadado no ano 2022. Péchase entrambas un círculo coa súa reunión nestes Premios que recoñece a influenza das máis veteranas no éxito das máis novas e a capacidade destas últimas para recoller o facho e levalo máis alá do imaxinado.
Unha xornada investiga a diversidade sexual na música tradicional
Xénero:
| 7 / 6 / 2023A conmemorar o Día das Diversidades Sexuais e co título Correr e cantar a Deputación da Coruña celebra este 17 de xuño unha xornada enfocada na diversidade sexual no campo da música tradicional. Unha serie de faladoiros, presentacións e actuacións musicais abordarán a presenza dos colectivos LGBTIQA+ neste ámbito.
O festival O que non se escribe volta a Compostela os días 9 e 10 de xuño
Xénero:
| 5 / 6 / 2023Santiago de Compostela acolle entre os vindeiros 9 e 10 de xuño a terceira xeira do festival O que non se escribe. Este encontro sobre "arquivos sonoros e creación contemporánea" continúa a explorar as novas propostas arredor da música tradicional, coa presentación do novo disco de Caldo na sesión inaugural e concertos dos murcianos Maestro Espada e dos asturianos L-R o día 10, como algunhas das citas máis destacadas.
Sete nomes galegos no cartel do 52º Festival Interceltique de Lorient
Xénero:
| 23 / 5 / 2023A 52ª edición do Festival Interceltique de Lorient, unha cita de referencia no mundo da música folk dos países celtas e punto de encontro das culturas, contará un ano máis coa presenza das sonoridades galegas en distintas formas. Nesta ocasión a cita está dedicada á música irlandesa, pero desde Galicia se desprazarán á localidade bretoa sete propostas da nosa música para levar a cabo varios espectáculos dentro da programación que se desenvolverá entre o 4 e o 13 de agosto.
Tanxugueiras volven triunfar nos Premios MIN
Xénero:
| 22 / 5 / 2023A gala do XV Aniversario dos Premios MIN en Palma de Mallorca, que reuniu e premiou aos artistas máis destacados da escena independente de España no último ano trouxo un recoñecemento ao traballo realizado o pasado ano polo trío Tanxugueiras. As cantareiras, finalistas en sete categorías, conseguiron gañar dous importantes premios: "Mellor álbum de música de raíz" e "Mellor álbum en galego" por "Diluvio", o seu último disco, editado no verán de 2022 por Calaverita Records. Este dobre recoñecemento para Sabela Maneiro, Aida Tarrío e Olaia Maneiro chega xusto despois de recoller o mes pasado o premio "Artista Revelación Alternativa 2023" dos Premios Odeón e apenas dúas semanas despois da estrea do seu novo tema "Aire", producido por Lowlight (C. Tangana, Israel B, Yung Beef, Albany e un longo etcétera de músicos da escena urbana) e na que demostran unha vez máis a súa continua exploración de novos retos e posibilidades sonoras. Non é primeira vez que o trío sae galardoado destes premios, xa co seu primeiro disco, "Tanxugueiras" (2018) acadaron o de Mellor Álbum en lingua galega e o pasado 2022 recibiron o Premio AIE a Mellor Artista Emerxente do Ano en España.
novidades discográficas
Alvela
FAIA
Feira
De Ninghures
Tradimensional
Ailá
Vinde todas
Carmela
BâNZô
Os do Fondo da Barra
REPORTAXE

Aprender das cantigas
Data.Antón Castro aproveita a nosa música tradicional para ensinar solfexo aos seus alumnos