Ti estás aquí > Inicio / Xéneros / Folk
Música Folk
O que non toca é porque non quere
Xénero: | 1 / 2 / 2011
Chifres de pedra, petardos, trompas feitas con cortiza de castiñeiro, estraños aparellos representados en esculturas románicas... A creatividade dos galegos para facer música é asombrosa. Agora, o web Os instrumentos musicais na tradición galega pon na rede, da man do Arquivo Sonoro do Consello da Cultura, o traballo homónimo de Pablo Carpintero e recolle máis de 150 formas diferentes de facer música rexistradas no noso patrimonio. Coñece neste proxecto como tocar, e fabricar, algúns dos instrumentos máis orixinais.
O CCG presenta Os instrumentos musicais na tradición galega, un amplo catálogo da etnografía musical do país
Xénero: | 28 / 1 / 2011
O Consello da Cultura Galega presentou hoxe pola mañá Os instrumentos musicais na tradición galega, unha ampla versión interactiva e multimedia do libro orixinal editado polo Proxecto Ronsel coa autoría de Pablo Carpintero, un dos maiores expertos mundiais en patrimonio inmaterial. O Arquivo Sonoro de Galicia promoveu esta ambiciosa web que permite coñecer en detalle máis de 150 instrumentos do acervo tradicional de Galicia, a súa historia, os seus sons, e mesmo os procedementos de elaboración.
Quiosco: Sons da Galiza
Xénero: | 13 / 1 / 2011
El Rincón de Morgan, Susana Seivane, Carlos Núñez e Berrogüetto centran os contidos da entrega de xaneiro de Sons da Galiza. A publicación, desenvolvida por Óscar Martínez, está dispoñible íntegra no web do proxecto.
Avelaíña presenta Ciclo, o seu cuarto disco
Xénero: | 28 / 12 / 2010 + VIDEO
Percorrer ciclos temporais a través da música, achegando ao ouvinte as sensacións do outono, a noite ou o San Xoán. Esta é a proposta que fai o grupo folk Avelaíña en Ciclo, o seu cuarto CD, con temas como Xoves, Xaneiro, Madeira ou San Xoán. O disco, que está dispoñible nas tendas, pretende ser a base dun futuro espectáculo escénico chamado O ciclo do Camiño no que a música se mesture con narracións, proxeccións e efectos lumínicos e sonoros.
A música tradicional reúne alumnos de tres países no proxecto Celtic Roots
Xénero: | 9 / 12 / 2010
O vindeiro 11 de decembro preséntase publicamente en Vigo o CD-DVD Celtic Roots. O lanzamento fai parte dun proxecto homónimo no que alumnos de tres centros educativos de Nigrán, Manchester (Reino Unido) e Bray (Irlanda) afondan nos elementos comúns das súas culturas. Para alén de realizar un diccionario, compartir obras literarias e desenvolver outras actividades de intercambio, os participantes gravaron este CD e DVD no que interpretan cancións folks e tradicionais de cada un dos seus países. O proxecto contou coa colaboración de e Xose Manuel Budiño en Galicia, Michael McGoldrick no Reino Unido e Dònal Lunny en Irlanda
Luar na Lubre presenta Solsticio, o seu novo disco
Xénero: | 29 / 11 / 2010 + AUDIO
Dez anos despois da publicación de Plenilunio, Luar na Lubre presenta, o vindeiro 30 de novembro, Solsticio (Warner Music), un disco que o grupo considera que fecha un ciclo. A obra supón un retorno ás orixes acústicas e achega melodías desde a Idade Media ata a actualidade, co que queren "volver a definir Galicia e o seu espírito aberto a través da música". O disco, de quince temas preséntase en directo o vindeiro 2 de decembro en Alcalá de Henares. Entre outros, colaboraron no proxecto Miro Casabella, Nani García, Diana Navarro ou Pat Kilbride. Gravouse nos estudios Bruar. No seu My Space pódense escoitar xa algúns dos temas presentes na obra, como Ven bailar Carmiña e o Romance de Don Gaiferos.
Pesdelán presenta no Culturgal o seu primeiro disco
Xénero: | 26 / 11 / 2010
Este domingo ás 17 horas o Culturgal acollerá a presentación do primeiro disco de Pesdelán, Na punta do pé é o seu título. Trátase dun libro-CD-DVD que anima a aprender cancións, bailes e xogos do patrimonio tradicional galego e portugués. O traballo publicado en Galicia e Portugal (Pezinhos de lã) pola editorial Kalandraka, conta ademais coas ilustracións do portugués João Vaz de Carvalho. Dous anos despois da súa creación esta é a primeira gravación desta formación cuxos compoñentes foron ou seguen a ser parte doutro proxecto musical coñecido do panorama galego. Berrogüetto, Leilía, Alfolíes, Xochilmica, Almáciga ou a banda de Susana Seivane son algúns destes grupos dos sete artistas que integran Pesdelán. A proposta didáctica de Na punta do pé está dirixida por Mercedes Prieto e Montse Rivera coa produción musical de Pedro Pascual e colaboracións como Guadi Galego ou Celina Piedade.
A falta de apoios leva á suspensión do Congreso de Ensinantes de Música Tradicional
Xénero: | 25 / 11 / 2010
A V Edición do Congreso de Ensinantes de Música Tradicional, que estaba prevista para os días 3, 4 e 5 en Compostela, non se celebrará este ano. A Asociación de Gaiteiros Galegos denuncia hoxe no seu web que a falta de apoios da Xunta, logo de diferentes xuntanzas, lles fai imposible continuar a celebración deste evento. A Asociación salienta a importancia que acadara este evento desde a súa celebración e a grande participación en cada unha das edicións celebradas.
O gaiteiro Xabier Blanco leva o premio IAR de Folclore
Xénero: | 24 / 11 / 2010
O teatro Rosalía de Castro da Coruña acollerá o vindeiro sábado 27 de novembro a entrega dos premios IAR de folclore galego na súa XIX Edición. Desta volta, o galardón foi para o gaiteiro Xabier Blanco, en recoñecemento ao seu traballo na recuperación de instrumentos pobres da nosa tradición e en particular encol da gaita de cana.
Fía na roca despídese cun concerto en Glasgow
Xénero: | 21 / 10 / 2010
Un concerto no festival Celtic Connections, en Glasgow, o vindeiro mes de xaneiro, porá fin á carreira musical do grupo Fía na Roca. Logo de 17 anos de traballo, os membros do conxunto anunciaron nun comunicado que, aínda que non desbotan a posibilidade de retornar no futuro, "agora precisamos un descanso para refrescar as ideas e atender outras iniciativas".
novidades discográficas
Alvela
FAIA
Feira
De Ninghures
Tradimensional
Ailá
Vinde todas
Carmela
BâNZô
Os do Fondo da Barra
REPORTAXE
Aprender das cantigas
Data.Antón Castro aproveita a nosa música tradicional para ensinar solfexo aos seus alumnos


