Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / O que non toca é porque non quere

COñECE OS XEITOS MáIS ORIXINAIS DE FACER MúSICA NO WEB OS INSTRUMENTOS MUSICAIS NA TRADICIóN GALEGA

O que non toca é porque non quere

FOLK | febreiro 1, 2011

imaxe non dispoñible

Chifres de pedra, petardos, trompas feitas con cortiza de castiñeiro, estraños aparellos representados en esculturas románicas... A creatividade dos galegos para facer música é asombrosa. Agora, o web Os instrumentos musicais na tradición galega pon na rede, da man do Arquivo Sonoro do Consello da Cultura, o traballo homónimo de Pablo Carpintero e recolle máis de 150 formas diferentes de facer música rexistradas no noso patrimonio. Coñece neste proxecto como tocar, e fabricar, algúns dos instrumentos máis orixinais.

O asubío de pedra
Tamén dun croio se pode dar feito un instrumento, ou cando menos algo que fai son ao soprar. Se estás interesado en ter un asubío de pedra, segue as instrucións que fornece a páxina.

Foguetes, petardos e estalotes
Aínda que se pode debater a súa consideración como instrumentos musicais, Pablo Carpintero achéganos unha interesante historia da pirotécnia en Galicia e do seu emprego nas nosas celebracións tradicionais.

O Dolio, un instrumento perdido
Coñecido unicamente a través das esculturas románicas, no web podemos atopar imaxes e unha interesante análise do funcionamento destes curiosos aerófonos.

Asubiando nas mans
Facer música a asubiar nas propias mans é toda unha arte. Carpintero explícanos como se fai e achega un video no que podemos comprobar as posibilidades desta técnica.

A misteriosa gaita de fol de dous punteiros
Carpintero argumenta a posibilidade de que se conservase no noso país unha variedade de gaita que tiña dous punteiros, e achega documentación gráfica que semella apoiar a súa hipótese.

O abellón, un coro funerario
Facer un zunido en grupo nos velorios, colléndose as mans, supón un curioso rito funerario que ata hai ben pouco se mantiña noso país.