Ti estás aquí > Inicio / / Comeza a segunda edición da Rede de Festivais Infantís de Folclore
Comeza a segunda edición da Rede de Festivais Infantís de Folclore
febreiro 9, 2011
Coordinar unha serie de encontros no que as seccións infantis de diferentes grupos de baile tradicional se atopen. Esta é a idea coa que botou a andar o pasado ano, a Rede de Festivais Infantís de Folclore. A pasada semana vinte colectivos de Pontevedra e de Ourense reuníanse en Moaña para pór en marcha a segunda edición deste ciclo, que pretende pór de relevo o traballo dos máis novos arredor da música tradicional e facer do noso patrimonio musical un punto de encontro entre rapaces e rapazas de diferentes localidades.