Ti estás aquí > Inicio / Xéneros / Folk
Música Folk
Doce anos de festa
Xénero:
| 2 / 3 / 2011Once anos mallando é o título do novo disco de Quempallou. O grupo, referente do folk máis bailable no noso país, bota man dos seus tres lanzamentos anteriores para artellar unha selección de temas na que se pode percibir a evolución artística do seu son. No entanto, malia a esta ollada atrás, a formación non para e anuncia que despois do verán comezarán a gravar un novo álbum. Roi Maceda, acordeón do grupo, explícanos como se xestou este disco e como se desenvolveu unha carreira que, malia ao título, comezou hai doce anos.
Ourense lembra a Faustino Santalices cunha exposición e un congreso
Xénero:
| 22 / 2 / 2011O inestimable traballo de Faustino Santalices na recuperación de instrumentos populares como a zanfona e as gaitas, ou na divulgación do toque fechado para este insturmento, está a ter estes días recoñecemento na Cidade de Ourense. O Museo Municipal acolle a exposición Ciencia da gaita, Consciencia da zanfona, que se complementará o vindeiro días 26 cun concerto de zanfona e cun congreso sobre estas cuestións que se celebrará os días 11 e 12 de marzo coa participación de 14 investigadores.
Carlos Núñez leva o Premio da Crítica alemá
Xénero:
| 17 / 2 / 2011Logo de dar trinta concertos na súa xira por Alemaña e Suíza, Carlos Núñez acaba de recibir o Premio da Crítica alemá polo seu disco Alborada do Brasil. O xurado do galardón calificou o traballo como "obra artísica excepcional". Núñez estreará o vindeiro mes O soño de Brasil, un documental relacionado con este proxecto e dará a coñecer a música que realizou para o ballet Grupo Corpo, deste país, que lle dedica a Martín Codax o seu último espectáculo.
Mercedes Peón e SondeSeu comparten o Premio Opinión a mellor disco folk do ano
Xénero:
| 14 / 2 / 2011É un premio que conceden os críticos musicais de diferentes medios de comunicación, desde Radio 3 ata Tempos Novos pasando por La Opinión (medio convocante deste concurso) ao mellor disco folk do ano. A décima edicións dos Premios Opinión recaeu “ex aequo” en Mercedes Peón e SondeSeu polos seus traballos Sós e Barlovento. Ambos discos recibiron 15 puntos nunha votación na que Berrogüetto (co disco Kosmogonías) quedou terceiro con 11 votos.
Comeza a segunda edición da Rede de Festivais Infantís de Folclore
Xénero:
| 9 / 2 / 2011Coordinar unha serie de encontros no que as seccións infantis de diferentes grupos de baile tradicional se atopen. Esta é a idea coa que botou a andar o pasado ano, a Rede de Festivais Infantís de Folclore. A pasada semana vinte colectivos de Pontevedra e de Ourense reuníanse en Moaña para pór en marcha a segunda edición deste ciclo, que pretende pór de relevo o traballo dos máis novos arredor da música tradicional e facer do noso patrimonio musical un punto de encontro entre rapaces e rapazas de diferentes localidades.
As cancións perdidas do pazo
Xénero:
| 2 / 2 / 2011Recentemente, a editorial Dos Acordes tiraba a luz Ayes de mi país. O cancioneiro de Marcial Valladares. A obra, cun estudo crítico de José Luís do Pico Orjais e Isabel Rei Sanmartim, recupera o traballo deste coñecido autor do Rexurdimento e amosa un novo aspecto do seu traballo. E é que Valladares foi un pioneiro na recuperación da música popular galega, e na súa obra atopamos a fusión entre o mundo pacego e as cancións tradicionais.
O que non toca é porque non quere
Xénero:
| 1 / 2 / 2011Chifres de pedra, petardos, trompas feitas con cortiza de castiñeiro, estraños aparellos representados en esculturas románicas... A creatividade dos galegos para facer música é asombrosa. Agora, o web Os instrumentos musicais na tradición galega pon na rede, da man do Arquivo Sonoro do Consello da Cultura, o traballo homónimo de Pablo Carpintero e recolle máis de 150 formas diferentes de facer música rexistradas no noso patrimonio. Coñece neste proxecto como tocar, e fabricar, algúns dos instrumentos máis orixinais.
O CCG presenta Os instrumentos musicais na tradición galega, un amplo catálogo da etnografía musical do país
Xénero:
| 28 / 1 / 2011O Consello da Cultura Galega presentou hoxe pola mañá Os instrumentos musicais na tradición galega, unha ampla versión interactiva e multimedia do libro orixinal editado polo Proxecto Ronsel coa autoría de Pablo Carpintero, un dos maiores expertos mundiais en patrimonio inmaterial. O Arquivo Sonoro de Galicia promoveu esta ambiciosa web que permite coñecer en detalle máis de 150 instrumentos do acervo tradicional de Galicia, a súa historia, os seus sons, e mesmo os procedementos de elaboración.
Quiosco: Sons da Galiza
Xénero:
| 13 / 1 / 2011El Rincón de Morgan, Susana Seivane, Carlos Núñez e Berrogüetto centran os contidos da entrega de xaneiro de Sons da Galiza. A publicación, desenvolvida por Óscar Martínez, está dispoñible íntegra no web do proxecto.
Avelaíña presenta Ciclo, o seu cuarto disco
Xénero: VIDEO
| 28 / 12 / 2010 +Percorrer ciclos temporais a través da música, achegando ao ouvinte as sensacións do outono, a noite ou o San Xoán. Esta é a proposta que fai o grupo folk Avelaíña en Ciclo, o seu cuarto CD, con temas como Xoves, Xaneiro, Madeira ou San Xoán. O disco, que está dispoñible nas tendas, pretende ser a base dun futuro espectáculo escénico chamado O ciclo do Camiño no que a música se mesture con narracións, proxeccións e efectos lumínicos e sonoros.
REPORTAXE

Aprender das cantigas
Data.Antón Castro aproveita a nosa música tradicional para ensinar solfexo aos seus alumnos