Ti estás aquí > Inicio / Xéneros / Folk
Música Folk
Vetiver abre a programación do Xacobeo Importa
Xénero:
| 2 / 12 / 2009O Pazo da Cultura de Pontevedra acolle esta noite a actuación da banda folk Vetiver, que abre deste xeito o festival Xacobeo Importa. O grupo, que actuará acompañado de Fruit Bats, está considerado como un dos máis importantes do panorama indie folk internacional. Segundo explica a Consellaría de Cultura, o festival programará ata o final de 2010 dez concertos de artistas do circuíto independente que nunca visitaron Galicia. Entre estes, está prevista presenza de Joan Baez no Centro Cultural Caixanova de Vigo o vindeiro 5 de marzo.
Musgafol reivindica a música académica para gaita
Xénero: AUDIO
| 2 / 12 / 2009 +O Teatro Principal de Pontevedra acolleo vindeiro 12 de decembro a segunda edición de Musgafol, o encontro de música académica galega para gaita de fol. A iniciativa reúne diferentes gaiteiros do país, coma Pedro Álvarez, Óscar Ibáñez ou Pedro Lamas, coa Banda de Música de Pontevedra para nunha edición dedicada ao repertorio para banda sinfónica e gaita. O proxecto dábase a coñecer onte en Pontevedra, onde tamén se presentou o disco en directo que recolle as pezas que se interpretaron na edición do pasado ano.
Cantándolle ás estrelas
Xénero:
| 26 / 11 / 2009Este é o Ano Internacional da Astronomía. Unha efeméride que o Consello Superior de Investigacións Científicas en Galicia (CSIC) e a Universidade de Vigo, xunto con outras entidades, non quixeron que pasara desapercibido entre os máis pequenos. Nesa obxectivo, acaban de presentar o proxecto doble Contos e coplas de estrelas. Dunha banda, a tradución ao galego do libro de Rosa María Ros que complia 14 contos de todo o mundo nos que as estrelas son as protagonistas (cada relato acompáñase dunha sinxela explicación científica). Da outar, un Coplas de Estrelas, un CD que recolle 10 coplas tradicionais galegas que fan referencia aos astros, as estrelas e o cosmos. Este último traballo inclúe un libreto coas letras das coplas e explicacións científicas sobre os temas das cancións.
aCentral Folque analizará o patrimonio musical de Vilaxoán
Xénero:
| 12 / 11 / 2009Aproveitar a cultura local, e máis concretamente, o patrimonio musical, de cara ao desenvolvemento local. Este é un dos obxectivos do estudo que está a facer un equipo de aCentral Folque en Vilaxoán. O historiador Ramom Pinheiro e o antropólogo Marcos Lorenzo son os responsables dun proxecto que está en marcha desde setembro e que pretende realizar un inventario completo encol da música e da cultura mariñeira desta vila arousá.
Brasil é o país convidado no VI Encontro de Pandeiros de Mao
Xénero:
| 9 / 11 / 2009A Central Folque e mais o Concello de Pontevedra teñen aberto o prazo de inscrición para a VI Edición do DUF Encontro Internacional de Pandeiros de Mao. O evento, que ten este ano o Brasil como país convidado, inclúe cursos de construción e interpretación destes instrumentos, conferencias, actividades para nenos e actuacións musicais. Entre outros, está prevista a presenza de Carlos Núñez, que falará sobre a súa experiencia brasileira, o intérprete brasileiro Marcos Suzano e conxuntos coma Bloquinho da Salgueira.
Pablo Devigo faise co premio Constantino Bellón
Xénero:
| 9 / 11 / 2009Por segundo ano consecutivo, o intéprete Pablo de Vigo, de Castro Caldelas, fíxose co premio Constantino Bellón de Gaita, que celebrou esta fin de semana a súa XIX Edición. Devigo presentou as obras Preludio número un ou Xiana e Xota número dous ou Carral 1846. Canda a el, Miguel Doval González foi galardoado coa Gaita de Ouro polo seu traballo a prol da música tradicional, mentres o premio de composición para gaita levouno Jesús Rodil Rodríguez.
Lugo acolle o IV Congreso de Ensinantes de Música Tradicional
Xénero:
| 21 / 10 / 2009A fin de semana entre o 30 de outubro e o 1 de novembro, a Facultade de Veterinaria de Lugo acollerá o IV Congreso de Ensinantes de Música Tradicional. No encontro, ademais das comunicacións dos participantes haberá conferencias sobre cuestións coma o Proxecto Ronsel, o patrimonio lúdico, a introdución dos máis novos no baile tradicional ou mesmo concertos didácticos. Segundo explica a Asociación de Gaiteiros Galegos, que organiza o encontro, o congreso "pretende ofrecer aos asistentes coñecementos e recursos para o ensino da música tradicional nos diferentes ámbitos educativos, pero sobre todo, pretende concienciar da importancia que ten utilizalos". O prazo de inscrición está aberto no web da AS-PG ata o vindeiro día 23.
Os soños de Fuxan
Xénero:
| 14 / 10 / 2009Un ano despois dos dous concertos que reuniron o grupo en Compostela, Fuxan os ventos tiran un novo disco. Terra de Soños recupera en formato Digibook (CD+DVD)os temas que soaron na capital galega. Mentres o CD achega vinte cancións, o DVD recolle, canda a un making of, a totalidade do directo, coa participación de convidados coma Guadi Galego, Ugia, Xavier Díaz ou Mercedes Peón. O proxecto, editado por BOA Music, está xa dispoñible en tendas de todo o Estado, quioscos e Internet. Os membros do grupo sinalaban que continuarán con esta xira cando menos ata 2010, e non descartan emprender novos proxectos no futuro.
Vigo celebra o XII Certame de Improvisación Oral
Xénero:
| 9 / 10 / 2009O Centro Cultural de Valadares organiza para esta fin de semana, entre o 10 e o 12 de outubro, a XII edición do seu Certame Internacional de Regueifas. O Verbum, Casa das Palabra acollerá actuacións de regueifeiros galegos, repentistas cubanos ou novos improvisadores, así coma de cantantes que empregan a retranca nas súas letras.
A Real Banda de Gaitas de Ourense viaxará por China difundindo a súa música
Xénero:
| 6 / 8 / 2009Caixanova e a Real Banda Escola Provincial de Gaitas de Ourense veñen de subscribir un convenio de colaboración que permitirá á agrupación ourensá difundir o coñecemento da gaita, como instrumento destacado do folclore galego, nunha serie de concertos que ten previsto realizar por diversas cidades de China. Na sinatura do convenio estiveron presentes o director da banda, Xosé Lois Foxo, e Amadeo Rodríguez Piñeiro, director de Relacións Institucionais de Caixanova en Ourense.
REPORTAXE

Aprender das cantigas
Data.Antón Castro aproveita a nosa música tradicional para ensinar solfexo aos seus alumnos