Ti estás aquí > Inicio / Xéneros / Folk
Música Folk
Vaamonde, Lamas e Romero presentan O tambor de prata
Xénero:
| 18 / 11 / 2011O tambor de prata. Aventuras e desventuras de Os Trintas de Trives é o título do segundo álbum que lanza o trio Vaamonde, Lamas & Romero da man de Do Fol. O proxecto comprende un CD con temas inspirador polo grupo dos Trintas, que desenvolveron a súa actividade musical a comezos do século XX, así como un DVD cunha actuación ao vivo de Suso Vaamonde, Pedro Lamas e Xosé Lois Romero canda a Banda Sinfónica da Coruña no Pazo da Ópera desta cidade. O vindeiro 4 de decembro o grupo fará un miniconcerto no marco do Culturgal en Pontevedra, e o 13 do mesmo mes será a presentación oficial no Salón Teatro de Santiago.
Unha vida en clave de folk
Xénero:
| 14 / 11 / 2011O pulso da terra é o título da biografía que do coñecido grupo folk Berrogüetto acaba de editar Galaxia. Para alén dun libro que repasa, da man de Fernando Neira, os quince anos de traxectoria do conxunto, a obra inclúe un CD e un DVD que recollen o concerto que deu a banda en Compostela o pasado mes de novembro de 2010.
Os Cempés reúnen en tempo récord 5.000 euros para o seu vindeiro disco
Xénero:
| 8 / 11 / 2011En só catro días desde que comezou a recadación de achegas para que Os Cempés graven o seu novo disco, o grupo colleitou xa 5.420 dos 5.500 euros que precisan. En total foron 122 os doadores que fixeron ata o momento a súa contribución ao proxecto a través do web Verkami, especializado no financiamento de proxectos mediante este sistema.
Paula Rey é a nova cantante de Luar na Lubre
Xénero:
| 4 / 11 / 2011Na tarde onte presentábase no Teatro Colón da Coruña a cantante que substitúe a Sara Vidal como voz de Luar na Lubre. Trátase de Paula Rey Torreiro, que provén do mundo da lírica e ten cantando coa Orquestra Sinfónica de Galicia, así como co grupo latin-funk Duplo Son. Os interesados en a escoitar, terán ocasión esta mesma noite no programa Luar da TVG.
Malvela presenta Raianas, o seu disco ao vivo
Xénero:
| 21 / 10 / 2011O Museo do Pobo Galego acollía esta mañá a presentación de Raianas o disco que Malvela gravou o pasado 31 de maio no Auditorio de Mos. Na presentación, Uxía Senlle, impulsora deste proxecto, sinalou que a obra presenta un repertorio da música tradicional galega e portuguesa, recuperando temas habituais do grupo canda a cancnións populares do Alén Miño e temas de composición propia. Entre eles, lembrou unha canción de homenaxe ao falecido Xosé Méndez Morgan, membro dos Estalotes e do Orfeón Treixadura que foi lembrado repetidamente ao longo do acto.
Zurrumalla lanza O que había... e o que hai
Xénero:
| 20 / 10 / 2011A música tradicional e festeira que caracteriza o son de Zurrumalla pódese escoitar agora en O que había... e o que hai, o duplo disco que o grupo acaba de autoeditar. O álbum conta nada menos que con 25 temas, boa parte dos cales fan parte do xa tradicional repertorio do grupo, nado no ano 2000. Canda a estes, a formación achega unha selección de novos temas de composición propia, entre eles Presentación triolirada, unha curiosa regueifa que presenta o segundo CD e o proceso produción do álbum. A obra está dispoñible en tendas e tamén se pode escoita mediante Spotify
Assembly Point presenta o seu primeiro disco
Xénero:
| 14 / 10 / 2011Un trío de corda folk formado por Fernando Barroso ao bouzouqui, Luis Peixoto na mandolina e o cavaquinho, e Eoghan Neff ao violín. Esta é a proposta de Assembly Point, un grupo multinacional composto por un galego, un portugués e un irlandés, que acaba de presentar o seu primeiro disco de titulo homólogo. O proxecto, coeditado por Zouma Records coa compañía portuguesa Vachier & Associados, preséntase no noso país cunha xira que se desenvolverá entre o 20 e o 27 de outubro na Coruña, Santiago, Lugo e Vigo.
Tocarlle a pandeireta á webcam
Xénero:
| 3 / 10 / 2011Está a piques de abrir as súas portas E-Xango.net, o primeiro curso de instrumentos tradicionais a distancia. Aproveitando as posibilidades das novas tecnoloxías, nace unha proposta que quere facilitarlle o aprendizado a xente que está lonxe do noso país. Esta mesma semana abre o curso de percusión e mais o de linguaxe musical.
Chega o V Congreso de Ensinantes de Música Tradicional
Xénero:
| 26 / 9 / 2011Malia a que o ano pasado non se puido celebrar, a Asociación de Gaiteiros Galegos celebra, entre o 7 e o 9 de outubro, o V Congreso de Ensinantes de Música Tradicional. A cita será no Auditorio de Galicia, en Compostela, e para alén de obradoiros formativos en diferentes instrumentos ou presentacións de novas obras sobre esta cuestión, abordaranse temas como métodos de ensino de gaita para os máis novos ou as posibilidades da música galega como terapia en idades temperás. Aínda está aberto o prazo para se inscribir e mais para presentar comunicacións a este encontro.
Os Cempés gravarán novo disco este inverno
Xénero:
| 22 / 9 / 2011Logo do seu retorno ao circuíto de concertos cunha nova formación, o coñecido grupo folk Os Cempés anuncian a gravación dun novo disco. Catro anos despois da súa despedida, a banda conta cunha formación na que se manteñen Serxio Ces, Antón Varela e Óscar Fernández e á que se incorporan Pablo Dalama, Ramón Dopico e Fernando Barroso. Cun son máis acústico, no que cobrarán importancia a zanfona e o bouzouki, os músicos están a ensaiar dez novos temas que farán parte do seu vindeiro disco. Está previsto que as sesións de gravación comecen o vindeiro mes de decembro, e os membros do grupo toman como referencia do seu son o disco Circo Montecuruto. A banda pretende financiar este proxecto recorrendo ás contribucións de afeccionados.
novidades discográficas
Alvela
FAIA
Feira
De Ninghures
Tradimensional
Ailá
Vinde todas
Carmela
BâNZô
Os do Fondo da Barra
REPORTAXE

Aprender das cantigas
Data.Antón Castro aproveita a nosa música tradicional para ensinar solfexo aos seus alumnos