Ti estás aquí > Inicio / Xéneros / Folk
Música Folk
Resonet homenaxea a lírica medieval galega en Cantiga
Xénero: | 27 / 7 / 2016
A formación musical Resonet, especializada en música antiga, presenta esta noite o seu novo disco Cantiga, no que fai un percorrido pola lírica medieval de trobadores galegos e portugueses dos séculos XIII e XIV. Son textos literarios que "foron creados para ser cantados" e dos que nalgúns casos, coma o Pergameo Vindel cos poemas de Martín Códax. O grupo fará a presentación do seu disco hoxe mércores 27 de xullo ás 20:00 na Igrexa de San Domingos de Bonaval, en Santiago de Compostela.
150 persoas compoñen a delegación galega no Festival de Lorient
Xénero: | 22 / 7 / 2016
A música de raíz galega contará cunha ampla presenza no Festival Intercéltico de Lorient, que cumpre este ano 46 edicións cunha xeira dedicada a Australia. En total serán 150 artistas, entre os dedicados á música e ao baile, os que participarán neste evento, que se desenvolve entre o 5 e o 14 de agosto, segundo informan desde a propia delegación. Riobó serán os primeiros en amosar o seu traballo no escenario, con actuacións no Palacio de Congresos o día 6 e no Gran Teatro o 8. Vaamonde, Lamas & Romero, pola súa banda, teñen concertos os días 9 e 10. En canto a grupos de baile e canto tradicional, Brincadeira ten unha apretada axenda con actuacións case diarias entre os días 6 e 13, ao igual que Cántigas e Froles e a banda de gaitas Malante de Malpica.
Milladoiro presenta un CD-DVD ao vivo en Ortigueira
Xénero: | 18 / 7 / 2016
A coincidir coa súa presenza a fechar onte, domingo 17 de xullo, a última edición do Festival de Ortigueira, Milladoiro presentou o seu novo traballo. Milladoiro en Ortigueira é un CD-DVD que recolle a actuación da banda neste mesmo evento en 2014. Para alén dunha actuación ao vivo no que a banda percorre boa parte dos seus grandes éxitos, o volume achegar tamén un documental sobre a vila e os comezos e a evolución do seu célebre festival. O álbum, editado por Cormorán Producións, elaborouse coa colaboración do Concello de Ortigueira.
Linho do Cuco debuta en Discos da Máquina con Viva Viva!
Xénero: | 12 / 7 / 2016
Aínda que se anuncia con data de abril, e comezaron a presentalo na pasada primavera, non foi ata finais do pasado mes de xuño que saiu á venda Viva Viva!. Linho do Cuco presenta baixo o selo Discos da Máquina o seu cuarto álbum de estudio, no que a banda do Deza continúa a liña de exploración dos sons de banda de música desde as raíces folk: Desta volta, o octeto mesmo se atreve con achegamentos ao jazz e presenta tres temas cantados como grande novidade. Carlos Quintá, Benxamín Otero, Pablo Doval, Pablo Bernárdez, Xián Herrera, Miguel Touriño, Pablo Pardo e Marcos Pérez mesturan rumbas, mazurcas ou jotas sempre a manter un son bailable e festivo.
Zurrumalla continua de festa con Camiño por ti
Xénero: | 25 / 5 / 2016
Tardaron once anos en publicar o seu primeiro álbum, pero semella que os vigueses de Zurrumalla están a lle coller o ritmo. Catro anos depois daquel O que había... e o que hai ve a luz Camiño por ti. O novo álbum, que se á luz da man de Inquedanzas Sonoras, achega dezasete temas de estilos variados a manter o estilo peculiar do sexteto, que mestura acordeóns, gaitas, perdusións e saxo nun son que anova a partir da nosa tradición. O álbum gravouse nos estudios A Lagharteira e Ancestral Estudios, por Isaac Millán. A banda anuncia a súa vindeira actuación o vindeiro 21 de xuño no Festival Benéfico da ELA en Cangas.
Pedro Lamas e Alberto Somoza triunfan nos Premios Opinión de Música de Raíz
Xénero: | 13 / 5 / 2016
Os Premios Opinión de Música de Raíz tiveron onte un dúo de gañadores claro. Pedro Lamas e Alberto Somoza, impulsores e coordinadores da Orquestra de Jazz de Galicia impuxéronse en dúas das tres categorías destes galadóns. En concreto, levaron o premio ao mellor artista e mais o de mellor disco por Fame, álbum de debut desta formación, que basea o seu repertorio na nosa tradición musical pasada por un filtro de jazz. Segundo explica Óscar Losada, crítico musical do xornal La Opinión na presentación dos finalistas "a presenza da orquestra de Jazz de Galicia cun proxecto baseado estritamente en música tradicional galega marca un punto de inflexión na nosa música. Guste máis ou menos estamos diante dun traballo histórico que foi quen de unir dous mundos que non tiñan demasiada convivencia e fixérono con moita soltura". Canda a eles, o mellor tema do ano foi Libre para voar, de Sérgio Tannus, que se inclúe no novo disco de Sonia Lebedynski,
Antón Corral leva o galardón honorífico dos Premios Martín Codax da Música
Xénero: | 15 / 3 / 2016
O galardón honorífico que entrega cada ano a asociación Músicos ao Vivo no marcos dos Premios Martín Códax da Música foi nesta ocasión para o artesán, gaiteiro e mestre Antón Corral. Segundo explica a directiva desta entidade "Antón Corral representa un fito na historia da música popular galega, tanto polo seu incansable traballo de investigación nas melloras construtivas dos instrumentos, coma polo labor de dignificación e difusión do folclore, así como por ter formado a músicos e artesáns de altísima calidade e relevancia".
Retrouso volta con DOUs
Xénero: | 9 / 3 / 2016
"Un disco maduro, limpo, fresco e caleidoscópico". Así definen os membros de Retrouso o seu segundo disco. DOUs acaba de saír á luz cando o grupo fai dez anos do seu nacemento. Dez son tamén os membros actuais da formación, saída das clases de música da asociación A Fervenza de Ouzande. Gaitas, acordeóns e percusións atópanse nun traballo que, como o anterior, convida ao baile, pero no que explorarn tamén outros rexistros. En total son dez temas, dos que sete xorden da tradición e tres son composicións de diferentes músicos do país. Gravado nos estudios A Ponte de Tomás Ageitos, o traballo preséntase este 11 de marzo no Teatro Principal da Estrada.
O acordeón de Andrés Penabad volta con Bipolar
Xénero: | 4 / 3 / 2016
É o único acordeonista folk galego que apostou por unha carreira en solitario. A apontoar esa traxectoria, Andrés Penabad acaba de presentar Bipolar, o seu segundo traballo. O disco recolle dez cortes nos que se mesturan composicións do propio Penabad, temas feitos por Fernando Barroso e dúas pezas tradicionais. O proxecto contou con colaboracións das cantareiras Lilaina e de Pablo Vergara, Ramón Dopico e Álvaro Trillo nas percusións. Un concerto este sábado ás 21 horas no Auditorio Municipal Cine Alovi marcará o comezo da xira de presentación, que o levará este mesmo domingo á Arzúa, onde o acordeonista actuará na Festa do Queixo contra as seis das tarde..
Donicelas presenta en xira o seu segundo traballo
Xénero: | 3 / 3 / 2016
Nado a partir dunha actividade escolar, o grupo Donicelas está a presentar o seu segundo traballo, homónimo, cunha xira por todo o país. O sexteto de Salceda de Caselas achega en Donicelas nove temas que gravaron nos Estudios Ancestral e para os que contaron con colaboracións como as de Uxía Senlle, Paulo Nogueira, Isaac Millán ou Miriam Lorenzo, así como as de antigos membros do grupo. Nos cortes mestúranse versións de temas populares con composicións propias que manteñen a liña de folk tradicional do grupo. O Porriño acolle este sábado 5 a vindeira parada da xira de presentación do proxecto.
novidades discográficas
Repichoca
Tiruleque
Alvela
FAIA
Feira
De Ninghures
Tradimensional
Ailá
Vinde todas
Carmela
REPORTAXE
A Biblia en gaita
Data.“O pentafol” recolle en seiscentas páxinas unha escolma única de partituras para gaita


