Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / 150 persoas compoñen a delegación galega no Festival de Lorient

O ENCONTRO MUSICAL INTERCéLTICO DESENVóLVESE ENTRE O 5 E O 14 DE AGOSTO

150 persoas compoñen a delegación galega no Festival de Lorient

FOLK | xullo 22, 2016

imaxe non dispoñible

A música de raíz galega contará cunha ampla presenza no Festival Intercéltico de Lorient, que cumpre este ano 46 edicións cunha xeira dedicada a Australia. En total serán 150 artistas, entre os dedicados á música e ao baile, os que participarán neste evento, que se desenvolve entre o 5 e o 14 de agosto, segundo informan desde a propia delegación. Riobó serán os primeiros en amosar o seu traballo no escenario, con actuacións no Palacio de Congresos o día 6 e no Gran Teatro o 8. Vaamonde, Lamas & Romero, pola súa banda, teñen concertos os días 9 e 10. En canto a grupos de baile e canto tradicional, Brincadeira ten unha apretada axenda con actuacións case diarias entre os días 6 e 13, ao igual que Cántigas e Froles e a banda de gaitas Malante de Malpica.

A delegación do país complétase coa participación do dúo A Vagaba no ciclo de músicas sacras. Pola súa banda, no trofeo MacCrimmon de gaita participarán os intérpretes Xesús Rodríguez, Daniel Fernández, Víctor Antelo e Jorge Gándara.