Retrouso volta con DOUs
marzo 9, 2016
"Un disco maduro, limpo, fresco e caleidoscópico". Así definen os membros de Retrouso o seu segundo disco. DOUs acaba de saír á luz cando o grupo fai dez anos do seu nacemento. Dez son tamén os membros actuais da formación, saída das clases de música da asociación A Fervenza de Ouzande. Gaitas, acordeóns e percusións atópanse nun traballo que, como o anterior, convida ao baile, pero no que explorarn tamén outros rexistros. En total son dez temas, dos que sete xorden da tradición e tres son composicións de diferentes músicos do país. Gravado nos estudios A Ponte de Tomás Ageitos, o traballo preséntase este 11 de marzo no Teatro Principal da Estrada.