Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Pedro Lamas e Alberto Somoza triunfan nos Premios Opinión de Música de Raíz
Pedro Lamas e Alberto Somoza triunfan nos Premios Opinión de Música de Raíz
maio 13, 2016
Os Premios Opinión de Música de Raíz tiveron onte un dúo de gañadores claro. Pedro Lamas e Alberto Somoza, impulsores e coordinadores da Orquestra de Jazz de Galicia impuxéronse en dúas das tres categorías destes galadóns. En concreto, levaron o premio ao mellor artista e mais o de mellor disco por Fame, álbum de debut desta formación, que basea o seu repertorio na nosa tradición musical pasada por un filtro de jazz. Segundo explica Óscar Losada, crítico musical do xornal La Opinión na presentación dos finalistas "a presenza da orquestra de Jazz de Galicia cun proxecto baseado estritamente en música tradicional galega marca un punto de inflexión na nosa música. Guste máis ou menos estamos diante dun traballo histórico que foi quen de unir dous mundos que non tiñan demasiada convivencia e fixérono con moita soltura". Canda a eles, o mellor tema do ano foi Libre para voar, de Sérgio Tannus, que se inclúe no novo disco de Sonia Lebedynski,
O premio Andaina Senlleira, que recoñece toda unha traxectoria no mundo da música, foi nesta ocasión para Amancio Prada. A gala de entrega dos galardóns que se celebrou onte no Teatro Rosalía de Castro da Coruña serviu tamén para a presentación ao vivo de Aliboria, o novo proxecto musical de Xosé Lois Romero baseado na percusión tradicional.
Tamén che pode interesar:
- 9/ 6/ 2022 | Os XXI Premios Opinión da Música de Raíz recoñecen a Fol Música
- 1/ 3/ 2021 | Zumaque e mais Xosé Lois Romero e Aliboria acaparan candidaturas nos XX Premios Opinión
- 30/ 9/ 2020 | Entre Trastes álzase como triunfador nos XIX Premios Opinión da Música de Raíz
- 18/ 5/ 2012 | Uxía, Doa e Assembly Point fanse cos premios La Opinión de folk
- 17/ 2/ 2012 | Trece finalistas compiten polos Premios Opinión de música folk